Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O síndrome de Penélope

miércoles, 11 de marzo de 2020
Ás veces os que andamos no mundo do desenvolvemento persoal predicando constancia e motivación, tamén caemos no noso fastío, caemos na idea de baixarnos do mundo e encerrarnos en nós mesmos, nunha burbulla. Logo volvemos en nós e, tras sentirnos hipócritas, procuramos volver ao rego e seguir na brecha que marca a nosa loita persoal e profesional.

Coido que é importante dicilo. Recoñecer que todas as persoas temos certa tendencia a enmarañarnos en teas para non tomar decisións que custa moito poñer en práctica. Todos sentimos o desexo de parar o tempo e baixarnos; igual que sentimos a presión social que nos obriga a seguir para non ficar sos e orfos no deserto. Cando vivimos isto, temos certa tendencia a pensar que só nos pasa a nós pero botando un ollo ao redor, reparamos en que antes que nós, outros viviron a mesma sensación.

O síndrome de Penélope é algo co que hai que aprender a vivir pensando que, se cadra, as puntadas que damos co fío da ledicia, algún día, serán o noso mellor legado.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES