Traballar!
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de marzo de 2020
Traballar é unha actividade que esixe esforzo e dedicación.
O esforzo e a dedicación non sempre teñen a acollida que se merecen.
Xa na infancia: hai criaturiñas que non aproveitan os estudios tendo bo cociente intelectual.
Algúns alegan que non lles gusta estudiar e prefiren pasar do estudio e do profesorado.
Non sei ata que punto ten moito que ver a familia ou que as leis de educación tamén fallan.
Pérdense moitos talentos e moitas oportunidades por falta de concienciación da familia, por falta de esforzo e por falta de dedicación.
É unha mágoa porque se desperdicia unha etapa crucial da vida.
Por eso hai tanto fracaso escolar.
Andando o tempo, desas persoas, non todas atopan a sorte que necesitan, porque moitas carecen de formación e bos hábitos.
Pero, afortunadamente, a inmensa maioría das persoas que se van concienciado desde pequenas das súas obrigas: na familia, na escola e na Igrexa (as crentes).
Esas:
-Aproveitan os recursos.
-Medran nun ambiente saudable.
-E van adquirindo sabedoría e bos hábitos.
Deste xeito chegan a ser persoas adultas rectamente formadas e están preparadas para levar unha vida digna.
Por eso é moi importante que as criaturiñas vaian responsabilizándose desde pequenas según o seu grao de maduración.
Felicito de todo corazón a todas aquelas familias que non regatean esforzos para que as criaturas vaian adquirindo bos hábitos desde o momento do seu nacemento.
Nos tempos que corremos hai que estar máis e mellor preparados que nunca e levar sempre a honradez e a responsabilidade por estandarte.
Soamente traballando con intelixencia, honradez e responsabilidade se constrúe ese mundo que desexamos para todos.
O importante é que cada persoa acerte na maneira de orienta-la súa vida laboral porque dela vai depender en boa medida a calidade de vida que poida levar no futuro.
Grazas ás persoas que traballan con intelixencia, horadamente e a conciencia; o mundo progresa o que progresa.
Nos últimos tempos déixase traballado moito para saír da estreitura económica, pero as xeracións sucesivas van ter que ve-la vida doutra maneira.
Ademais de manter o nivel de benestar económico, que xa non é pouco, van ter que:
-Ser moi considerados coa natureza para crear riqueza sostible porque certos recursos están a piques de esgotarse.
-Colaborar tódolos membros da familia no sostemento da vida familiar dentro e fóra do fogar.
-Multiplicarse para dedicar tempo á infancia, ós enfermos e á ancianidade.
-Conserva-las tradicións.
- E outros retos
Quédalles moito que facer; pero contan con máis medios que nunca e posúen unha valía moi grande porque:
-A xuventude é enerxía.
-A xuventude ten potencial.
-A xuventude vale.
-A xuventude pode.
A XUVENTUDE PODE E DEBE
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por canto deixa colaborado co seu valiosos traballo na construcción do benestar do que disfrutamos.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora