
A Liturxia da Igrexa Católica tamén se ve afectada polo CORONAVIRUS.
PASA ALGO? En principio e con axuda de Deus, nunca mellor dito,espero que non pero como sacerdote véxome obrigado a preservar o ben dos meus feligreses.
En primeiro lugar,teremos que pensar nos actos litúrxicos da Semana Santa e moi especialmente o Venres Santo,que se realiza a adoración da CRUZ. Neste acto litúrxico dáselle a bicar aos fieis a CRUZ, en sinal de veneración e dor pola súa entrega ata as últimas consecuencias por todos os homes. Este bico á cruz e o roce de panos sobre a imaxe do SEÑOR, penso que pode transmitir algo.
En segundo lugar, empeza xa a gran preparación para as PRIMEIRAS COMUÑÓNS, cando veñen amigos, parentes, xente de diversos sitios e procedencias, e moito máis na nosa Galicia interior, onde a maioria das familias temos algún familiar noutros países. Se A ISTO ENGADIMOS As FESTAS PATRONALES, é moita presenza de persoas de distintas procedencias e paises (Alemania, Suiza, Inglaterra, Italia... e de distintos puntos de España)
É POR ISTO QUE VOU A PEDIR aos meus FELIGRESES QUE O SIGNO DA PAZ, FÁGASE CUNHA MIRADA ,BOTÁNDOLLES UN BICO pero sen dar a man.
E PARA REMATAR, algo que terei que recuperar como OFICIANTE, o lavado de mans no OFERTORIO, o cal xa é litúrxico, e incluso algo á hora de dar a Comuñón.
MEDO NON, PREVENCIÓN SI... E ATA UNHA CHAMADA DE ATENCIÓN Á HIXIENE QUE POIDA AFECTAR AOS DEMAIS.