Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A debacle de IU

jueves, 13 de marzo de 2008
Lembro hai unha década cando o xornal “El País” lle chamaba a Julio Anguita: “iluminado” e personaxe que estaba noutra galaxia cando tiña no seu grupo parlamentario vinte deputados. Agora nestes intres pasado o tempo, vou comprendendo o que quería dicir ese “xornal”, axudar mediaticamente ao amparo desta Lei Electoral de repartirse a torta de España entre o branco e o negro, para ben deses novos “progre-yupis”.

É certo que a Lei Electoral é totalmente inxusta e defendida polos que lle beneficia, PP e PSOE. Evidentemente iso afecta a moitos escanos, a IU lle costa 500.000 votos acadar un deputado, cando ao PSOE e PP só lle fai falla 65.000.

A Lei D´Hont nunha única circunscrición sería a máis xusta, coido que é moi desaxustado que, con case un millón de votos teña dous deputados IU e Coalición Canaria con 164.000 teña os mesmos escanos.

Nembargantes, hai moitos factores na perda de case medio millón de votos con respeto ao 2004: faltou un programa clarificante de esquerdas. Nos últimos anos a política que primaba asemellaba a un irmán pequeno do PSOE (sen quitarlle o seu mérito nalgunhas leis sociais que foron aprobadas grazas á súa iniciativa), a isto sumamos a política da dirección que aconteceu con guerras internas que saíron á luz pública e iso ten un custo a curto prazo negativo. Tamén pode ser que acontecera un factor que eu lle chamo o voto do “medo” (ollo, que veñen os fachas), que en termos máis sutís lle chaman o voto “útil”.

Considero que a partir deste intre retomen con máis forza como sempre foron, cos seus valores da liberdade (non esquezamos a súa loita polas liberdades contra a dictadura quedando moitos no camiño, mentres outros que se din de esquerdas estiveron de vacacións naqueles intres), da xustiza por riba de calquera interés, xa que considero que ten que haber un contrapeso neste pais que explique moi claramente e cale nas mentes dos paisanos que, a distribución da renda sexa un indicador máis importante que a renda “per cápita”. Teñen moitas razóns, só necesitan saber explicalas. Suponse que son a rama culta deste país, pero non illarse nunha capa de propostas ilusorias.

É unha mágoa que unha esquerda consecuente con eses principios de igualdade sexa hoxe case testemuñal no Parlamento, onde en case tódolos países de moito bagaxe democrático de Europa, sexan terceiras forzas políticas que obrigan de cando en vez a facer políticas sociais aos socialdemócratas cando estes escoran ao liberalismo. Non soamente este país e branco e negro, ten moitos cores e a pluralidade enriquece a política.

Como simple anécdota ante esta inxusta Lei Electoral, votando cunha única circunscrición o PSOE perdería oito deputados, o PP sete, IU tería 14, o BNG seguiría con dous, ERC tres, PNV perdería dous CIU conservaría os 11. Coido que é moi significativa esta norma, máis xusta en relación co número de votantes a cada forza política, a pluralidade e a representatividade dos cidadáns moito máis axustada.
Despois de máis de trinta anos de democracia, o troco desta inxusta Lei é unha materia pendente de calquera goberno de quenda. Coido que non hai vontade política e non interesa a certos poderes fácticos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES