Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (8)

jueves, 05 de marzo de 2020
A Piedade Popular

O 16 de xuño conmemórase a festividade do Santo Adriano. Desde primeiras horas da mañá dese día acoden devotos non só do Val de Lourenzá, senón tamén dos municipios colindantes de Barreiros, Mondoñedo e Trabada. Os seus pedimentos están relacionados coas doenzas humanas e dos animais. Por tal motivo, levan a cabo unha serie de promesas, que realizan denantes de que sexa concedida a petición ou ben posteriormente. Isto da lugar ao cumprimento dalgúns rituais e ofrendas, de índole oficial e, tamén, popular.

1. Rituais
* Misas

Os devotos, que acoden ao santuario, andando -normalmente da vila e val de Lourenzá- ou en coche, oen unha das misas, que se ofician no santuario, ás 9:30, 11:00 e 13:30; esta última, concelebrada polo párroco e outros cregos.

* Procesión rogativa do San Adriano
Trátase dunha rogación, que ten no seu percorrido tres estacións ou momentos: o inicio, no propio santuario; logo, no cume do outeiro ao carón dunha cruz; e, finalmente, xa de volta, no adro do recinto sacro. Adoita comezar ao remate da misa das 9:30 da mañá. “É , segundo o párroco, unha procesión de amistade, de vecindade entre nos con San Adriano, que vai ter tres momentos: un inicio, no calvario, e ao regreso antes de comezar a misa; tres momentos para orar e rezar”.

Primeira Estación
Ten lugar no exterior do santuario e denantes de que a procesión comece o seu percorrido.
O párroco comeza o acto pronunciando as seguintes palabras:
“No nome do Pai, e do Fillo e do E. Santo. A gracia de Xesucristo, a forza de San Adriano, estea con vosoutros”.

Logo, fai referencia ao Capítulo II de San Lucas, onde nos menciona a viaxe que tiveron que realizar Xosé e María dende Nazaré a Xerusalen para empadroarse; e, tamén, ao momento no que María, encinta, deu a luz ao seu fillo primoxénito nunha corte das bestas, xa que na pousada no tiñan sitio.

A continuación dice:
“María, Xosé, Xesús, San Adriano, Santa Natalia, sufriron penurias e foron fortes e loitadores pacificos. Que saibamos andar coa súa misma fe de que Deus non nos abandone nos malos tragos. María e Xosé non atoparon pousada e tivo que dar a luz nun cortello e confiaron en Deus. Que tamén nos confiemos nas adversidades da vida”.

Posteriormente, reza, acompañados dos devotos asistentes un misterio do Rosario. Ao rematar, a procesión inicia o seu percorrido ata o cume dun castro, onde se encontra unha cruz latina, feita de granito. Na procesión interveñen os seguintes elementos: unha cruz parroquial, levada por unha devota da freguesía; as advocacións do San Antón e do San Adriano, grande e pequeno, levadas nas andas por homes da freguesía; a continuación, o párroco; membros da orquestra e fregueses, moitos deles -preferentemente mulleres- con “ velóns” acesos.

Segunda Estación
O párroco dende o cume do castro fai alusión ao seguintes contidos, de base cristián:
“Vamos a pedir que enraice en nos a fe de Cristo como enraizou a vida humana neste castro hai milleiros de anos”.

Logo, fai alusión ao Capítulo VIII da “Carta aos Romanos”, dicindo:
“Que nos podrá alonxar do amor de Cristo? Acaso a tribulación, a angustia, a persecución, a fame, o peligro ou a espada. Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda de aquel que nos amou, porque estou seguro de que nin a morte, nin a vida, nin os anxos, nin ningún poder do presente ou do futuro podrá separarnos do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, Noso Señor”. E sigue dicindo. “ Palabra do Señor”, os fieis asistenten contestan. Amén.

A continuación fai unha serie de peticións:
“Vamos a pedir raices, frutos en nos, na nosa fe, que resistamos como este castro, como este castiñeiro, as tormentas da vida, que nunca desconfiemos que Deus nos quere, que está con nos, que somos herdeiros dunha vida nova, da resurrección con Cristo”.

Posteriormente, reza Un Painoso, acompañado dos asistentes.
Esta segunda estación -segundo momento- remata, e a procesión inicia o seu retorno, baixando do castro a estrada e de aquí ao santuario.

Terceira Estación
O párroco, xa desde o adro, fai mención ao Capítulo XV do evanxeo de San Xoán, que alude a como na última cea, que mantivo Xesús cos seus apóstolos dixolles: “que vos amedes uns aos outros”.

Logo, o párroco reza un misterio do Rosario, e a continuación da a bendición aos devotos asistentes, usando as seguintes fórmulas:
- “O Señor vos bendice. O Señor vos garda. O Señor querevos. O Señor acompañavos. O Señor perdoavos. O Señor chamavos ao amor”. R / Amén.
A bendición de Deus todopoderoso, Pai, Fillo, E. Santo....R/ Amén.

O párroco conclúe o acto dicindo “Feliz romería, que teñades un feliz regreso”.

Antano, había fregueses, que levaban cabalos ao final da procesión, habendo algún ano máis de douscentos. No ano 2015, so houbo un cabalo.

Ademaís da procesión de rogación, celébrase outra ao rematar a misa concelebrada das 13:30. Esta percorre gran parte do adro do santuario e reviste a seguinte disposición en canto aos seus elementos: en primeiro termo, unha freguesa porta a cruz parroquial; nos seus flancos van dous rapaces da freguesía, levando dous candeeiros; logo, a advocación mariana do Carme, levada nas andas por mulleres da freguesía; a continuación, as dúas imaxes do San Adriano -grande e pequeno- portadas nas andas por homes e mulleres; finalmente, os tres cregos concelebrantes; membros da orquestra; e os devotos, colocados sen distinción de idade e sexo. Hai devotos ofrecidos a levar as andas dalgunha imaxe de devoción, que adoitan sinalala con algún pano ou outro sinal.

* Rituais de Contacto
Dous fregueses de ambos os dous sexos son os encargados de “ Poñer o Santo”. Así, con senllas imaxes pequenas do santo Adriano fan o sinal da cruz por riba da cabeza dos devotos e, logo, danlles a bicar as imaxes; mentres realizan o ritual, recitan unha xaculatoria, que varia do home con respecto á muller.

Xaculatoria que emprega a muller:
“Cristo vive, / Cristo reina, / Cristo che libre de todo mal. Amén/.
San Adrián bendito / che dea a sanidá / che quite a enfermedá /
Polo poder que Dios ten / e a Virxen María. Amén"


Xaculatoria que emprega o home:
“En el nombre del Padre / del Hijo / y del E. Santo. Amén
Por intención de San Adriano, mártir / nos libre de la enfermedad /
y le conceda la sanidad / Polo poder que Dios ten / e a Virgen María. Amén".


Ademáis, hai devotos que tocas coas súas mans e panos as imaxes de devoción e, logo, pásanos pola cara e outras partes do corpo cunha finalidade profiláctica e sandadora.

2. Ofrendas.
Os devotos, que acoden ao santuario, adoitan aportar esmola en metálico no intre de “poñer o santo”; no transcurso dalgunha das misas, que se ofician no recinto sacro; e, tamén, nalgunha das boetas, que se encontran no interior do templo.
Ademaís, soen traer “velóns” (cirios pequenos), que colocan acesos no chan e ao carón das imaxes de devoción. É unha das ofrendas básicas.
Asi mesmo, algúns fieis ofrécenlle ao santo figuras de cera, que simbolizan a figuras humanas, e que acostuman deixar nun retablo case valeiro de imaxes, situado no muro dereito. Tamén, hainos que traen ramos de flores para ornamentar as diferentes imaxes de devoción.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania