Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Rei de Ferrol

jueves, 13 de marzo de 2008
O Rei en Ferrol, para certificar o nacemento do Rei de Ferrol. Pode parecer –ven ser- un xogo de palabras, pero responde á máis absoluta realidade.

A súa Maxestade, o Rei Xoán Carlos I veu a Ferrol coa Raíña e outros membros da familia real para presidir a botadura do barco que, polo seu porte, dimensións e utilidade, é o Rei da Armada española e o Rei de todos os barcos militares que foron construídos nos asteleiros galegos.

Estas últimas xornadas, o mar en Galicia foi actualidade pola súa rebelión contra a terra e conseguinte invasión de terreos que ás veces lle foron roubados con anterioridade. Pero tamén foi noticia polo dominio do mar por parte dese xigante de ferro de 230 metros de longo, que non ten timón e pode acomodar mil cincocentas persoas.

O Rei do noso mar e dos asteleiros ferroláns chámase, como é lóxico, Juan Carlos I, e ten un sen fin de funcións bélicas ou pacíficas, como xigante entre os grandes.

Para nós, o significativo é que naceu nos asteleiros galegos, como ejemplo das posibilidades da nosa industria naval.

A invasión furiosa da terra polo noso mar é un accidente, causado ou non polo cambio climático. A invasión do mar por este mastodonte é unha realidade industrial e de progreso.

Saudamos ó Rei de Ferrol, desexándolle longas e felices singladuras, e que a súa existencia marque un rexurdir da nosa en tempos poderosa industria naval, que seguimos precisando para que Galicia progrese.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania