Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non hai paridade na Igrexa católica

martes, 03 de marzo de 2020
Como Crego denuncio que a muller segue relegada na Igexa Católica, en discriminación incompatible coa Constitución española

Como Cura e Coordinador da Uned Senior aproveitarei o 8 de Marzo para reflexionar sobre o papel das mulleres na Igrexa

«Non hai paridade na Igrexa Católica», que usa unha linguaxe «machista». As palabras, con toda a súa carga crítica, non proceden dun colectivo que cuestione o papel desa institución senón dun cura que atende unha parroquia en Xermade (Momán), unha en Guitiriz (Labrada), outra en Aranga (Cambás) e dúas en Monfero (Val de Xestoso e Alto de Xestoso).

Como Crego -e ademais coordinador da UNED Sénior de Xestoso-Momán, que desenvolve a súa actividade para persoas maiores neses municipios nos que el é párroco-, aproveitareei tódolos encontros para reflexionar sobre o papel das mulleres na Igrexa partindo da teoría de que seguen consideradas «de segunda fila». ¿Hai algunha razón que o xustifique? Penso que se trata de razóns difíciles de entender porque se volveron «obsoletas»: tan anticuadas parecen haberse quedado que ata resultan difícilmente comprensibles para os que, como é o meu caso, estudamos Teoloxía.

Tan afastadas no tempo parécenme esas razóns que ata as atopo incompatibles coa Constitución, que no seu artigo 14 establece que ninguén poderá sufrir «discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social». Admito que algúns argumentos están apoiados en citas da Biblia; pero opino que esa liña, tomada ao pé da letra, podería servir para tolerar ou impoñer a amputación dalgún membro -refírese en concreto ao capítulo 21 do Evangelio de San Mateo, que di: (?) E si a túa man dereita escandalízate, córtaa e arróxaa de ti (?)-.

A miña intención é traballar para que a Igrexa recoñeza «esa igualdade que agora non se concede» e evite unha linguaxe «excluínte»: propoño , por exemplo, que se fale de persoas ou de seres humanos en lugar de homes, e creo ademais que agora non hai escusa para non usar esas expresións.

E ata me atrevo a suxerir unha alternativa: defendo que as mulleres desaparezan das igrexas dúas ou tres meses, porque así, durante a súa ausencia, quedaría «patente» o gran valor da súa achega á institución eclesial.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES