Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Controis sanitarios e fiscais

viernes, 28 de febrero de 2020
Hai anos, din o Pregón da Feira do Queixo en Monterroso e, como adoito decir o que creo, aboguei polo queixo da aldea, feito na casa, como os da miña nenez, onde cada queixo sabía diferente do anterior e do seguinte. A miña opinión non coincidia coa legalidade do sector, que obriga a que os produtos do campo pasen por controis, se sometan a procedimentos, aínda que o sabor se domestique en beneficio da saúde.

Lembrei o feito ao coñecer a nova de que a garda civil requisou 300 litros de augardente ilegal na pontevedresa Mos, por non ter pasado polos controis sanitarios e fiscais. Porque non deixo de lamentar a imposibilidade legal de que en cada casa das nosas terras de promisión viñateira e alcoholica non poidan encender as alquitaras para destilar gota a gota aquela auga da vida coa que os devanceiros alquimistas disfrutaban e se conformaban de non ter conseguido a pedra filosofal nin o elixir da eterna mocidade.

Se a preocupación das autoridades pola pureza das augardentes galegas estivera motivada polo cuidado da nosa saúde, eu quedaría recoñecido pola benignidade da medida, pero iso leva aparellado a obtención do selo que indique que se pagou á Facenda o correspondente imposto das bebidas espirituosas, xa me fai desconfiar da pureza de sentimentos. Pero debería haber unha medida ou decisión intermedia que permitise o disfrute aos que mantemos gustos arcaicos en canto aos productos do país, e nos producen un certo sarpullido, mentras non nos demostren cercanía, os licores-café industriais, ou calesquera líquidos espirituosos –espirituosos, quizais, por animar aos espíritos- que só se conseguen de tapadillo en lugares de moita confianza.

Cando na miña etapa laboral, nos recoñecementos anuais, se me cualificaba de “bebedor moderado”, por comer con viño e tomar un vertmout ou unha caña de cando en cando, sentiame descolocado, ata que nun deles o médico me aconsellou que, se tomaba viño, este fose de calidade. Por iso, e cos avances da sanidade, confío que a Seguridade Social, para compensar os achaques da vellez, adoite receitarnos unha moderada ración gratuita de líquidos espirituosos, iso si, debidamente controlados sanitariamente e ao corrente dos pagos co Ministerio de Hacienda.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES