Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 27 de febrero de 2020
Polo código postal 32701

Poñerlle título a unha andaina por moitos lugares é complicado. Se nomeas unha localidade non vas deixar outras. E como o pasado mércores, 19, realicei unha desas longas que pasan por varias aldeas, non me quedou outra que espremer un pouco a Pingas de Orballocabeza para o título deste Pingas. Creo que me quedou bonito. Porque por esa zona deixei que os meus pés percorreran 14,7 km., cun tempo de 2 horas e 52 minutos. Saín de Baños de Molgas con destino a Vide pola carreira da Lama para subir logo polo Penedo de Vide. De Vide a Froufe hai un suspiro. E de Froufe a Francos un simple alento. Seguín pola estrada que vai a Arnuide ata que cheguei ó cruce onde se colle para Meamán. Aquilo xa se puña serio; a estrada empinaba de tal maneira que me dixen: esta é a ocasión para coller forzas, polo que botei man ó peto da cazadora e saquei o bocadilliño de chouriza para meterlle o dente. Tamén aproveitei para evacuar augas menores, todo hai que dicilo. Ó chegar arriba xa me atopei coas obras do AVE, do tan desexado AVE. Semella que avanzan. De Meamán collín camiño de Guamil. Desta aldea descoñecía eu a fonte e o lavadoiro dos Pozos. Quedei alucinado. Teñen o seu encanto. Tanto que foi o que máis me gustou de toda a andaina, xunto co San Vitoiro, claro está, xa en Presqueira. De Presqueira a Bouzas xa a cabeza se me foi para As Longas e A Barxeliña, fincas nas que andei ata hai pouco. E de Bouzas ata Baños de Molgas, claro, onde deixara o coche. Resumindo: Baños de Molgas, Vide, Froufe, Francos, Meamán, Guamil, Presqueira, Bouzas e de novo Baños de Molgas.

Da carallada á idiotez

Deixo que Simon & Garfunkel me enchan de melancolía para, con esta, poder derrotar ás grandes ideas que esbardallan os de Vox. Agora din que Feijóo é nacionalista. Si, o noso presidente da Xunta, o noso Núñez Feijóo. É que me parto! Tamén din que en Galicia non hai un só cartel en castelán. Mira que son burros! Nin tan Pingas de Orballosequera saben ler! É verdade iso de que non costa nada botar a lingua a pacer. Os de Vox bótana a diario. Que digo!; cada pouco.
Deixo que o sol asome pola ventá e dou a orde para que os meus dedos sigan dálle que dálle ás teclas do ordenador para poder rematar canto antes e así saír á rúa, pois estase mellor fóra que dentro das casas, Agora a que está nas redes sociais é a rotonda de Xinzo. Seica está a facerse viral e a xente semella que empeza a peregrinar cara á súa localización. Está visto que, para moitos, da carallada á idiotez, do boureo ó disparate vai tan só un paso, ou neste caso mellor aínda unha aceleración. A ver, está ben que a declaración do paisaniño de a ver quen puxera alí a rotonda causara bastante mofa (eu mesmo lle dediquei tamén unhas palabras), pero de aí a ir contemplala, xa, para un servidor, se sae de castaño escuro. Ó final hai que chegar á conclusión de que non temos moito que facer. E cando isto sucede matamos o tempo ou a nugalla con trapalladiñas que nos deixan a un moi baixo nivel.
Deixo que o nacionalismo de Feijóo sexa a rotonda dos de Vox e que tanto aquel coma estes se accidenten, politicamente falando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES