A Carlos García Martínez
Fernández Abella, Xoán Xosé - viernes, 28 de febrero de 2020
A Carlos García Martínez, "Varón ilustre, nobre, humilde e sapientísimo", segundo dixo el de Fraguas, e que María Xosé Fernández Cerviño aplica a Carlos, calificando a súa personalidade de "Amazónica".
Moi sabio, ilustre e nobre. Humilde. Meu amigo,
no corazón eu teño teu exemplo ancorado,
pois foi a túa amizade tesouro regalado
e a miña admiración sempre estará contigo.
Teu berce foi Santiago; teu grande amor, Galiza.
No aquén, Premio Trasalba; no alén, Pedrón de Ouro.
Cofundache o Museo, para ti gran tesouro.
E o esencial da cultura galega, na túa liza.
Eu son un simple socio que admira a túa grandeza,
como admiro a grandeza do Museo do Pobo
consagrado a Galiza, á súa esencia e riqueza.
Por iso, humildemente, neste soneto trobo
túa persoa e Museo, exemplos de firmeza
no amor á nosa Terra. E o meu amor renovo.
Os Tilos, 29/Agosto/2019.
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora