O que non se ve
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de febrero de 2020
Os seres humanos que, afortunadamente, gozamos do sentido da vista, podemos percibir fácilmente a forma, o tamaño e a corde todo canto forma parte do mundo material que nos rodea.
Pero:
¿Qué pasa co que non se ve co sentido da vista?
Eso xa depende da percepción extrasensorial que teña cada persoa.
Unhas persoas perciben máis e outras menos.
Pero, a pesar de tódolas deferenzas; o inmaterial tamén existe aínda que non se poida ver co sentido da vista nin tocar co sentido do tacto.
Ninguén viu a dor, nin a ledicia, nin a tristura, nin o sufrimento, nin o medo nin a seguridade, nin o amor, nin as ideas, nin as crenzas, nin calquera dos sentimentos e emocións porque non teñen forma nin cor.
O que si vemos son as manifestacións externas de todo tipo de sentimentos e emocións.
Porque:O MAL E O BEN, Á CARA SE VÉN.
OUTRO TANTO PASA COA ALMA DAS PERSOAS:
Din que ninguén a viu aínda que teño entendido que hai cámaras que detectan cando unha persoa expira e a alma se desprendo do corpo.
Tampouco se ve a conciencia e máis as persoas de boa vontade: facémo-las cousas a conciencia.
E OUTRO TANTO PASA CON DEUS.
De feito a mesma Sagrada Escritura di que: nin ollo víu nin oído oíu; pero segue dicindo que tan só o FILLO e a quen El llo queira revelar.
Debe manifestarllo a moitas persoas porque hai moitas persoas crentes. Moitísimas. Moitosmillóns
Tamén hai persoas agnósticas e ateas.
Hai de todo na Viña do Señor.
Santa liberdade.
Non sei se será por eso que bastantes pais e nais de familia se despreocupan da formación moral, da formación espiritual, da formación relixiosa e incluso da formación ética dos seus pupilos.
Algúns sustitúena por unha ética descafeinada e andando o tempo: pasa o que pasa.
A min dáme moita lástima que a infancia se vexa privada desa formación, porque:
HAI MOMENTOS NA VIDA NOS QUE NADA HUMANO PODE DAR SOLUCIÓN ÓS NOSOS PROBLEMAS.
HAI MOMENTOS NOS QUE SÓ CONFIANDO EN DEUS PODEMOS SENTIRNOS SEGUROS.
Pero para eso: hai que crer en Deus e para crer en Deus hai que saber algo máis que as materias instrumentais.
Dáme moita lástima comprobar como persoas máis ou menos crentes din que non mandan ós seus nenos á misa nin á catequese, nin á clase de relixión no colexio por abandono,por deixadez, por
Excusas de mal pagador.
A formación relixiosa ten moita máis importancia da que moitas persoaslle dan.
De feito as relixións son tan antigas como a historia de humanidade.
Ningunha relixión nos di que fagamos cousas malas.
No caso da relixión Católica móstranos ó DEUS PAI-NAI, ó DEUS AMOR.
Para algunhas persoas ten de malo que as interpela e móstralles o erradas que andan pola vida.
E eso non o queren recoñecer.
Quenqueira vivir en graza ten que levar unha vida de piedade e confianza en Deus porque a ciencia soa non dá resposta a todo canto precisamos saber.
Se tan só comprenderamos que:EN DEUS VIVIMOS, EN DEUS NOS MOVEMOS E EN DEUS EXISTIMOS como di San Paulo- xa saberíamos moito.
San Paulo debía ter moito carácter porque noutra ocasión tamén di: o que non traballe, que non coma.
Así que toca: ¡TRABALLAR!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa sensibilidade ante tantas cousas que non se ven, pero que dan sabor e sentido á vida.
E moitas grazas, tamén, por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora