Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (7)

miércoles, 26 de febrero de 2020
IV. Outras festas no concello de Lourenzá.
1. Parroquia de Santa María de Lourenzá.


No barrio da Cazolga, pertencente ó concello de Lourenzá, celébrase a festividade de San Pedro Fiz o sábado e domingo posterior ó 10 de Agosto. Neses días, o párroco da freguesía oficia unha misa a unha e media da tarde e, logo, as imaxes do San Pedro Fiz e da Virxe do Pilar percorren, levadas nas andas por fieis do lugar, o perímetro da capela. Ó rematar os oficios relixiosos realízase un xantar na área recreativa, que hai a beira do río Masma. Pola noite, dúas orquestras amenizan as verbenas respectivas dámbolos dous días,

No mes de outono, adoita celebrarse a festividade relixiosa do Pilar o sábado e domingo posteriores ó día 12. O párroco, en ambos os dous días, oficia unha misa e, a continuación, os fieis sacan en procesión ó redor da capela as advocacións do Pilar e de San Pedro Fiz.

Na vila de Vilanova de Lourenzá, tamén, se realiza a festividade do San Marcial, que algúns anos levouse a cabo conxuntamente coa festa da faba. No obstante, os establecementos hosteleiros da localidade comezaron a separar ambas as dúas conmemoracións por motivos económicos. Por tal motivo, no ano 2005, festexouse xa por separado o sábado e domingo seguintes á festa da faba.

En ambos os dous días, o párroco da comunidade oficiou unha misa e, ó anoitecer, dúas orquestras amenizaron, na praza do Conde Santo, as correspondentes verbenas.

2. Parroquia do san adriano de lourenzá.
A romaxe das cruces.

COORDENADAS U.T.M.
X: 639.928
Y: 4.814.501

Entre os diversos festexos que se celebran no municipio destaca, polo seu peculiar Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (7)ritual, a romaxe das Cruces na comunidade de Santo Adriano. Daquela, o sábado anterior ao luns de Pentecoste o cura da freguesía oficia unha misa na igrexa parroquial. Logo, acompañado dun bo número de fieis, diríxese por unha estrada local ata a capela de Augaxosa (Riotorto). Alí vai tamén o titular da parroquia de Mouxoeira, xunto con algúns dos seus fregueses. Nesa capela, ambos os dous párrocos concelebran unha misa e, a seguir, ao pé da igrexa os romeiros reúnense nun xantar e nun baile.

No traxecto ata a capela o párroco do Santo Adriano encamíñase, en dúas ocasións, cara a onde se encontran as cruces, que serven de lindeiro para os concellos de Mondoñedo e Trabada, mais sen chegar ata o seu emprazamento. Realiza alí unha bendición simbólica das cruces. Logo, fai un novo alto na procesión para rezar un rosario.

2.2. A festividade do San Adriano.
2.2.1. Localización do Santuario.


* ECLESIÁSTICA. Situado na freguesía do San Adriano de Lourenzá, arciprestado de Lourenzá, diocese de Mondoñedo-Ferrol.

* CIVIL. Situado na parroquia do San Adriano de Lourenzá, concello de Lourenzá, e provincia de Lugo.

COORDENADAS U.T.M.
X: 639.928
Y: 4.814.501

2.2. Trazos artísticos do Santuario.
O santuario, que tamén se utiliza como igrexa parroquial, foi construído no século XVI e restaurado varias veces ao longo dos anos. Está composto dos seguintes elementos:

1º. Unha fachada principal, que remata nunha espadana de dous corpos e tres vans.
2º. De dúas naves: unha nave principal e unha nave lateral dereita, separada da anterior por arcos de medio punto.
3º, Unha sancristía, colocada detrás do testeiro.
4º. Con respecto á decoración, no presbiterio hai un retablo maior, renacentista, do século XVII, que posúe tres corpos. Nel amósanse as esculturas de Santiago e San Xoán Bautista, do século XVII; as do San Antón Abade e San Pedro, do século XVII; as de Santa María e outra cun libro nunha man e unha pomba na outra. Ao carón do presbiterio mostranse as imaxes do San Antón de Padua, de carácter popular, e a do San Miguel Arcanxo.

No lado dereito da nave, hai un retablo moderno cunha Dolorosa, do século XVIII, e unha escultura do San Antón, do século XVIII; así mesmo, manífestase un Cristo articulado, do século XVI.

No lado esquerdo, xunto ao arco triunfal, hai un retablo renacentista cunha talle de San Roque, popular. Logo, outro retablo reenacentista de tres corpos, que mostra as imaxes do San Pedro e San Pablo; un neno Xesús, popular; un San Nicolás, bispo, cun neno aos seus pés, século XVIII; unha talle de Santa Lucía, do século XVI; unha Inmaculada e un Santiago, talles populares; as esculturas barrocas de Santa Marta, dun Santo Apóstolo, e de San Bartolomeu. A continuación, outro retablo barroco de dous corpos, salomónico, de finais do século XVIII, que amosa as esculturas dun Santo Apóstolo; de San Rafael con Tobías ao seu carón e o dragón; e unha Virxe do Carme, popular.

Ademaís, neste templo hai unha capela dedicada á Inmaculada, que posúe un retablo barroco, de mediados do século XVIII, que mostra as talles da Inmaculada ; do San Xosé; e Santo Domingo no primeiro corpo. As esculturas dunha Virxe co Neno, do século XVI; e as de Santa Bárbara e San Pedro. Finalmente, cómpre distinguir unha cruz procesional, de estilo xónico, de principipos do século XVI
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES