Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coronavirus en eleccións

jueves, 27 de febrero de 2020
Está cantado. O coronavirus será un factor electoral de primeira magnitude. De agora ó 5 A a súa importancia aumentará e só queda por saber o seu impacto, baseado na intensidade -non só da enfermidade, senón tamén da paranoia ou o simple medo- e na decantación cara a unhas ideas e opinións sobre as medidas vistas pola xente como mellores ou peores. Iso, en función tamén de como lles afecten de xeito particular, etc... ou outros factores -está por ver que forzas políticas rematarán asociadas ó coronavirus e cales se erixirán entre a xente como asociadas á defensa da saúde.

O pánico é xa, hoxe, unha profecía autocumprida en moitos lugares, e esténdese de xeito parello. Coido que peor aínda que o virus, pois atende menos ós razoamentos e a prevención. E os efectos, coido que tampouco terán moito que envidiarlle: o virus mata dun xeito, o pánico fai estragos -posibles mortes incluídas- de moitos.

O impacto do coronavirus en relación coas eleccións, evidentemente tamén estará asociado á evolución en termos médicos, e non só en Galicia ou España, senón a nivel mundial. Pois o mundo será un espello no que se mirará o que se fai aquí. E por suposto, ‘no medio’, os medios, como axuste entre unha realidade que se transmitirá como se non estivese iso, ‘mediatizada’, e a sociedade, soliviantada ante unha ameaza que non é capaz de visualizar en termos relativos. Os medios xa están a esaxerar polo mesmo sistema lóxico que mantén os titulares: máis que informe, impacto. É dicir, chega con que haxa un grupo con psicose para que esa mesma psicose, ou as consecuencias dela, escalen ata o titular da noticia, propagando a mesma psicose e contaxiando a un maior grupo social, de xeito máis eficiente quer a propagación vírica. Iso, sen contr coas teorías sobre ocultación de datos.

Non, non se sabe aínda como afectará, pero de aquí a menos de vinte días, comezo de campaña electoral, é abondo probable que poda afectar ós desprazamentos dos candidatos, ou á realización dos mítins, por non falar dos comentarios sobre a xestión da epidemia –na que a bó seguro, a maioría seremos expertos- ou da xestión do medo cidadán -que haberá quen tenda a incrementar para aproveitalo-, entre outras posibilidades que haberá que considerar.

Mentres, a Organización Mundial da Saúde á cabeza doutras institucións sanitarias tenta dicir que que é pouco máis grave que a gripe normal. Pero xa que nestes momentos en toda China (pero poñamos que está concentrado en Wuhan) cóntanse 77 000 infectados, e 2500 mortes, para unha poboación (Wuhan) de 8 millóns de habitantes, podemos visualizar que é algo así como se en Ribadeo se contasen 100 casos e catro mortes nestes dous meses. En Ribadeo, en 2 meses, morren de media 23 persoas, e máis no inverno... Si, é grave, e calquera pode verse afectado, con peor prognóstico para a xente maior, e evidentemente non me gustaría que me afectara, e hai que poñer medidas tan sinxelas como lavar as mans, pero teño abondas máis probabilidades de morrer doutra cousa.

E, nuns dias, a campaña electoral terá un ingrediente inesperado hai un par de meses (ben, daquela tampouco sabíamos da campaña en marzo).
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES