Responsabilidade sindical
							Xiz, Xulio - martes, 11 de marzo de 2008
							  A pasada semana, unha manifestación multitudinaria de gandeiros, convocada por tres sindicatos agrarios, derivou na invasión das instalacións dunha empresa leiteira causando diversos destrozos. A protesta, inicialmente xusta diante dunha baixada do precio ó que lles pagan o leite, queda desvirtuada polos feitos, que xa anunciaron son só un aviso. 
O próximo día cortamos a autovía, proclamaban os despedidos de Ingemarga, cortando a circulación na Ronda da Muralla, tremolando ó vento as bandeiras de Cig e Uxt, que daban colorido á manifestación. 
En tempos, era valor entendido que a Cig era correa de transmisión do Bng e a Uxt desempeñaba similar papel en relación co Partido Socialista. Facendo abstracción da similitude de cores e da problemática relación entre sindicatos e autoridades competentes nos temas conflictivos, hai que esixir ós organizadores de manifestacións cordura para evitar danos a propiedades, así como absterse de interrumpir a circulación en vías e autovías, en evitación de conflictos de orde pública. 
Se en tres décadas de democracia non aprendemos máis en canto á defensa dos intereses do pobo -que somos todos-, en calquera momento pode repetirse aquela invasión de tractores nas rondas lucenses que colapsou a capital, cos perigos inherentes a unha agresión así. 
Organizar unha manifestación parece ser doado. Frenala despois, non o é tanto. Ollo á responsabilidade de cada quen.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora