Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que viva o Entroido!

lunes, 24 de febrero de 2020
Durante toda a semana pasada os papeis xornalísticos e demais medios de comunicación amosaron os quizais catro grandes asuntos que nos mantiveron á expectativa: o coronavirus, que segue infestando o planeta; o tema catalán, que anda e non anda; a precampaña das eleccións autonómicas galegas e o barullo existente co ministro de Transportes, José Luis Ábalos, a causa da aterraxe no aeroporto de Madrid da vicepresidenta de Venezuela, Delcy Rodríguez.

Pero a realidade, incluso no propio lector dos papeis, dos xornais, estaba e aínda está no Entroido. O Entroido, hai que recoñecelo, é por antonomasia unha festa demasiado sagrada para nós. Porque sempre foi nosa e porque botamos moitos anos sen celebrala ou facéndoo ás agachadas. Tamén é verdade que, agora, chamámoslle Entroido a calquera desfile. Pero deixando isto (cada un que escolla o que queira e que se divirta como poida), o Entroido é a festa perfecta para botar fóra esas asaduras que no resto do ano mantemos pechadas, ás escuras... porque nos dá vergonza amosalas ou porque non queremos que os demais saiban como nos gustaría ser na realidade. Unha simple carauta que nos tape a cara é suficiente para transformarnos, para mudar de personalidade, para esbardallar sobre o que sexa, incluso sobre aquilo do que non temos nin idea. Sabendo que ninguén te coñece, atréveste a todo: a facer burradas e a dicir auténticas trapalladas.

O noso presidente da Xunta, sabendo que está no Entroido, tamén di e sabe dicir as súas chafalladas ou argalladas. Como que “as cesións a Cataluña e Euskadi son un insulto a Galicia”. Pois si que ten razón e por iso é unha chafallada o que di. Porque nos demostra que non valemos un carallo. Que non sabemos pedir. E non sabemos pedir porque os dous grandes partidos da nosa Comunidade están baixo a tutela dos de Madrid. Está máis que demostrado que as Comunidades que conseguen algo é porque nelas gobernan os seus propios partidos. Se aquí gobernaran os propios nosos, outro galo cantaría. Aquí estamos máis polo Entroido e despois, iso si, e a partir do 5 de abril, babexamos nos cafés. O 5 de abril votamos coma sempre e ó día seguinte agachamos a cabeza e tiramos cara á adiante. Que viva o Entroido!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania