Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A píldora da empatía

miércoles, 26 de febrero de 2020
Thaís Villas leva tempo facendo no Intermedio da sexta unha sección chamada Barrio Rico/ Barrio pobre, onde cruza unha entrevista a dúas persoas pertencentes a estamentos sociais moi distintos. O que para uns é cotiá para outros é unha excepcionalidade ou un luxo.

Vemos, polo tanto, certa estamentalización da sociedade que leva a pensar que a brecha da desigualdade estase a afondar. Cabe preguntarse que interseccións sociais hai entre estes dous mundos e se o barrio rico é consciente do que pasa no pobre e de se podería facer algo para reducir esta diferenza.

O problema da brecha é a separación que produce entre dous mundos condenados a entenderse e a xestionar un mesmo territorio. Isto lévanos ao terreo das emocións, lévanos á necesidade de establecer unha empatía que traia como resultado a implicación cidadá na redución paulatina da brecha que nos separa.

Esta redución quizais empece por asumir como pobo que a política fiscal ten que ser xusta e ten que contribuír tanto ao benestar como á igualdade de oportunidades; pero, tamén, que a fiscalidade esixe unha rendición de contas exhaustiva dos xestores públicos á cidadanía, de xeito que se instaure a transparencia de arriba a abaixo.

Unha democracia esixe un coñecemento mutuo por parte do pobo, unha consciencia colectiva de todos os problemas que, día a día, enfrontan aos distintos colectivos pertencentes ao mesmo. Se estas problemáticas non nos importan porque non nos afectan, sinxelamente non estamos sendo pobo, senón un conxunto de individualismos loitando por subsistir; quizais, para ser pobo teñamos que universalizar a educación na empatía, como ben sabemos sería máis doado suministrar unha píldora por persoa pero a ciencia está moi lonxe de chegar a esta solución.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES