Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 21 de febrero de 2020
Tempos aqueles...

Estou a velas vir. É dicir, de pasmón. Contemplo o horizonte e non vexo nada, nin aquí nin alá. Tan só escoito a Thomas Newman e soño con voar sobre Sudalomba. O monte de Sudalomba dá para escribir unha novela e catro poemas. Aínda que case sempre mataba o tempo lendo ou xogando co can. Xogar con Uriarte era como suar sen traballar e rir a cachón. Nunca me aburría. Ás veces ata as vacas deixaban de pacer Pingas de Orballopara contemplar as nosas trouleadas. Eran tempos de felicidade absoluta. E, si, infantil. Pero acaso hai algo máis bonito que a infancia?
Estou a velas vir. É dicir, de paspán. Xa non intento contemplar nada porque nada vou ver. Tan só escoito agora a Jerry Goldsmith co seu tema “Under Fire”, o mellor tema do mundo mundial que se fixo para unha banda sonora cinematográfica. Escóitoo porque é domingo. Simplemente por iso. Mentira! Porque me gusta. Nada máis que iso. Ó mesmo tempo soño con voar por todo o monte de Pinouzos. Aterro en Barricobos. Se en Sudalomba pasaba as mañás, en Barricobos eran as tardes onde enchía a miña alma de felicidade, de saudade. Porque aquí, a maiores do Uriarte, estaban os barrancos, nos que, cun mangado de fentos, postos baixo o traseiro para non esgazar o pantalón, esvarabas ata o infinito e máis alá. Ou sexa, ás veces, ata o propio trompazo. Eran zoupadas que non doían. Tempos aqueles nos que un ata se divertía só. E sen móbiles. Chegaba un libro, unha vara para descargar a adrenalina contra as silvas e os toxos, algo de imaxinación e o Uriarte.

Esperando a aproveitar o sol

Ata agora a néboa tapaba por veces ó sol. Agora non, agora este xa está na súa máxima brillantez. Onte aínda choveu. Hoxe xeou de carallo. Climatoloxía para dar e tomar. Un asesor de Boris Johnson dubida da intelixencia dos negros. Claro, están tanto ó sol para poñerse morenos e sempre bailando que, os alpabardas, non estudan. Non toda a intelixencia vén dos estudos, pero si unha boa parte. A pesar do sol, teño os pés fríos. Certo, a mellor solución é poñerse a andar. Fareino tan axiña como lle poña punto Pingas de Orballofinal a isto. Se hai máis de 30 anos que se eliminou o delito de blasfemia do Código Penal, por que ten que comparecer ante a xustiza Willy Toledo logo de deixar caer no feisbuq un “me cago na Virxe” e un “me cago en Deus”? Seguro que o 90% dos que o denunciaron, ou sexa, da Asociación de Avogados Cristiáns se cagou máis dunha vez neses artistiñas relixiosos ou santorais. Espero que non me caten as pulgas ou que non me busquen as cóxegas por chamarlles artistiñas. Cabréome pouco, pero cando me cabreo... que quede aí a cousa. Vou rematar rápido, que hai que aproveitar o sol. Iker Casillas for President. Para a Federación Española de Fútbol. Sábese seguro que para o público é o seu favorito, pero, pobriño, como ousa enfrontarse, como se atreve a desafiar ó poder do aparato oficialista. Non sei, pero dáme que nas federacións deportivas hai moita mafia. Na do fútbol... ufff, pónseme un nó na gorxa. Ale, deixo de esbardallar e marcho aproveitar o sol cun libro aberto sobre as mans.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES