Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen é nacionalista, é Vox

sábado, 22 de febrero de 2020
Cando a Xesús Alonso Montero lle tocou pronunciar algunhas palabras na miña vila, que tiveran que ver coa figura de Curros Enríquez e do seu padroado (agora fundación), sempre adoitaba facer un xogo conceptual de acrónimos o dar por suposto, nas súas explicacións limiares e perante a sorpresa inicial de moitos, que naquel foro todos cantos alí estaban eran do "PCE", o mesmo partido no que el milita dende sempre.

Logo, tras un silencio pertinente de rigor, a estrañeza daqueles que se podía teren sentido perturbados por tal afirmación, o profesor descubría as cartas do seu sinxelo malabarismo verbal explicando que entendía que as persoas que alí se daban cita profesaban no "Partido de Curros Enríquez", é dicir, no PCE.

Velaí como, durante bastantes veces, o vello comunista tomou como costume a brincadeira de concederse un regalo persoal -sobre todo, cando o foro numeroso- ó transformar, por arte de birle birloque, á súa audiencia en militancia do "seu" PCE.

Traio esta pequena anécdota, que sei que non lle desgustará ó emérito catedrático, ó fío da aseveración formulada por algún dirixente de Vox respecto do actual presidente da Xunta, no sentido de pretender denunciar -non sei con que obxectivo concreto- que Alberto Núñez Feijóo é un nacionalista e que en Galicia (inmenso pecado de lesa circulación) non hai un só indicador de tráfico que estea escrito en castelán.

E tráioo porque se botamos man do profundo e sociolóxico manual de adscrición do que adoita facer uso o currosiano e comunista profesor, realmente é certo que Alberto Núñez Feijóo (ANF) é nacionalista. Máis concretamente da "Asemblea Nacionalista Federada", poñamos por caso, mentres que eu, Antonio Piñeiro Feijóo (APF), tal como reza no titular, son de Alianza Popular. E máis concretamente, da Alianza Popular de Fraga, na que tamén militan, por exemplo, tódolos "Pérez Fernández" cuxo nome de pila comece por "A".

A ver, señores -e señoras- de Vox, poñámonos serios. Se algún partido hai nacionalista neste vello e imperfecto Estado das Autonomías, ese é, sen ningún xénero de dúbidas, o que os acolle baixo o mesmo paraugas a todos vostedes.

Si, nacionalista, pero nacionalista español. Que é lícito, non o nego. Como nacionalista é o Partido Nacionalista Vasco ou, por estes barrios, o Bloque Nacionalista Galego, porque no seu Adn vai impreso o independentismo como ideal de consecución.

Ora ben, afirmar que Alberto Núñez é nacionalista e que non se pode ir á administración se non se sabe falar galego, ven a ser algo así como asegurar que en Ourense fai moita calor porque a falla das Burgas está en permanente erupción.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES