Que será mellor?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de febrero de 2020
A todos nos gustaría elixir entre a mellor das opcións posibles.
A todos nos gustaría acertar.
A todos nos gustaría ter éxito na vida.
A todos nos gustaría
Desde a máis tenra infancia aspiramos a ser persoas estupendas.
De feito mentres somos pequenos recibimos moitas chufas: que se somos moi bos, que se somos moi estudiosos, que se somos moi guapos
.
Gústanos que nolo digan e crémolo porque somos inocentes.
Pero andando o tempo, ímonos enfrontando coa realidade, a crúa realidade: A VIDA É DURA.
A xuventude con ganas de superarse: estudia duro, prepárase, consegue unha ou varias carreiras e se ten sorte colócase no que desexa.
Pero tamén hai quen non chega a encontrar o traballo que desexaba, ou a parella que lle gustaba, ou a ter os fillos que lle gustaría, ou
.
E quédase polo camiño
Os pais de familia desexan ser os mellores do mundo; pero máis tarde ou máis cedo danse conta:
-Que non acertaron na eduación dos fillos.
-Que consentiron o que nunca deberan consentir.
-Que fallaron na educación en valores.
-Que non deron sempre o bo exemplo que deberan...
Etc, etc.
No tocante á ancianidade:
-Hai unha boa parte que se sente satisfeita dos logros propios porque di que loitou moito.
-Haioutra boa parte que tamén fala ben dos descendentes porque aínda que teñan defectos, fan que non os ven.
Tamén ha ioutra parte que non ve recoñecidos os seus esforzos ante o seus descendentes e séntese sóa.
Sentirse só na ancianidade debe ser moi duro.
¿Por qué pasan todas estas cousas?
¿Por qué fallamos tanto os humanos?
Hai quen lle bota a culpa ós gobernos sexan da cor que sexan.
Pero
Cada persoa ten que ser responsable dos seus actos e para ser responsables dos nosos actos temos que recibir unha educación en valores.
¿Cales son eses valores?
Pois son os valores de toda a vida, os valores universais de convivencia; eses que están ó alcance de todos con tal de usar o sentidiño.
¿Por qué non sempre usamos o sentido común?
Porque o mundanal ruido téntanos dunha e doutra maneira ata facernos caer
CANDO NON USAMOS O SENTIDO COMÚN, O QUE FACEMOS É ESCRAVIZARNOS.
A veces escravizámonos porque:
-DEDICAMOS POUCO TEMPO A CONSULTAR COA NOSA CONCIENCIA.
-DEDICAMOS POUCO TEMPO A PENSAR DE ONDE VIMOS E A ONDE IMOS.
-DEDICAMOS POUCO TEMPO Á VIDA ESPIRITUAL.
Andamos un pouco despistados: uns máis e outros menos; pero, todos andamos algo perdidos
Andamos algo perdidos porque:
Dedicamos pouco tempo a discernir que é o mellor para o noso crecemento persoal e para a salvación da nosa alma.
Porque ademáis de corpo, tamén temos alma.
Moitas persoas viven como se non tiveran alma porque a alma non se ve./
Hai persoas que precisan ver e tocar para crer.
Pero o que non se ve co sentido da vista, nin se pode tocar co do tacto; tamén existe e é importante.
O QUE NON SE VE
Este será o título do seguinte artigo.
Parabéns polas veces que acertou ó longo da súa vida.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora