Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marzo

lunes, 10 de marzo de 2008
Marzo Chega Marzo, coa loita do vento nas rúas, tal como o sorprendeu o poeta Luis Pimentel entrando no seu Lugo ben murado:

Floretes loitan
nas encrucilladas,
áxiles, rápidos,
logo rotos sobre as pedras da rúa.
Sombras nos tellados,
negras, verdes, pesadas.
Rápido un anaco azul
quédase nunha pozaca.
As cornixas non tenen anxos,
a vila non é paisaxe;
as torres, quedas, presencian a loita
do vento nas rúas.

Marzo é un mes dado á paremioloxía. Máis dun cento e pico de refráns falan das veleidades de marzo marzolas, da súa inconstancia e pouca fiabilidade: "Marzo é enganador, un día malo e outro peor"; "Marzo marzán, pola mañá cara de rosas, pola noite cara de can", ou o máis sintético "Marzo marzola, trebón e raiola".

Entre friaxes, xiadas, saraibadas, risco de nevadas, chuvias de diversos rexistros, alternadas coa sorpresa de ceos limpos e aínda soleados, marzo lévase o inverno moribundo, que non se dá ido, e tráenos de mala gana a inocente primavera, temerosa e tenra como capullo recén agromado. Con ela chegan as primeiras anduriñas e os cucos cedos.

Polo dezanove andan de celebración os Xosés, Chés, Pepes e Pep¡ños, disputándolle aos Manueles a hexemonía onomástica dos varóns (a das mulleres é entre Marías e Carmes, aínda que as Pepiñas e as Manuelas tamén fan boa colección), que pouco lles durará se temos en conta as novas tendencias nos nomes dos rapaces. O domingo de Ramos, conmemorativo da entrada de Xesucristo en Xerusalén, ten este ano especial significado co armisticio xudeo-pales tino. ¡Hosanna, hosanna!

Despídese o mes en pleno xoves santo, cedéndolle ao seguinte a ledicia da Pascua. E deixámolo ir sen tristura e con escepticismo:

"Alá vaias, Marzo marceiro,
que aquí me quedo cos meus becerros;
agora virá teu irmán Abril,
que non se¡ se nos deixará vivir".
Porque xa se sabe que "Se Marzo amola, Abril esfola".


Nota: Deseño de Álvaro Cebreiro.
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES