Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de febrero de 2020
A rotonda dos chinos

Empezo a notar que o sol quere asomar por entre a néboa, pero ata agora, esta non deixaba ver un burro a tres pasos. A néboa, por xeral ou case sempre, é fría, e ó ser fría, é algo triste. Aínda que a min sempre me gustaba asubiar baixo a súa espesura. Menos mal que a tristeza da primeira hora da mañá recuou a causa da risa que soltei cando lin un titular deste mesmo xornal: “Cando pasei cara á Xinzo non había rotonda, quen a puxo?” En clara referencia a un accidente de tráfico e en declaracións dun mozo que seica quintuplicaba a taxa de alcohol. Rinme pola ocorrencia do rapaz pero tamén Pingas de Orballopola asimilación que axiña fixen cos chinos. Si, porque me choutou á memoria a solución de que “ó mellor foron os chinos os que puxeron alí a rotonda”. A ver, se en dez días foron capaces de construír un hospital para loitar contra o coronavirus; unha rotonda, unha simple rotonda levaríalles facela nun suspiro, nun chiscar de ollo ou no tempo suficiente para que o mozo de Damil bebera ata alucinar. Ai o que fai o alcohol... “vin cousas que vós non creriades: atacar naves en lapas máis alá de Orion. Vin raios C brillar na escuridade cerca da Porta de Tannhäuser. Pero non vin a maldita rotonda de Xinzo. Quen carallo a puxo aí?”. Minuto a minuto quere raiar o sol para que un servidor deixe de pensar na rotonda e empezar de verdade a pasar a mañá; ou sexa, collendo un libro de lectura e patear o Toural de Maceda ata que chegue o momento de buscar o xantar na compaña dun rapaz.

Como somos!

Como somos! Uns odian o fútbol e a outros gústanos a rabiar. Levo tres días seguidos vendo fútbol: os dous primeiros partidos da ida das semifinais da Copa do Rei e o Deportivo-Girona da segunda división. A un ourensán que hai uns días asomou nos Pingas de Orballomedios, non lle gusta o fútbol, pero non tivo ningún reparo en pedirlle un autorretrato a Zinedine Zidane, logo de que este lle dera por detrás co seu coche. Como somos! Se un paisano de a pé cometera o mesmo acto, estou por apostar que se baixaría con mala uva, que lle cuspiría catro cousas á cara e que lle entrarían incluso ansias de “saltarlle na aña”. Sempre fomos moi propensos a esgorxarnos e a chegar incluso ás mans cando, nun caso deses, o outro ten a culpa. Pero claro, ante Zinedine Zidane metemos o rabo entre as pernas e ensinamos un sorriso dentífrico. Como somos! O asunto da paciencia en materia de tráfico hai que recoñecer que brilla pola súa ausencia, a non ser, claro está, que te atopes con Zidane. Como o que lle aconteceu hai uns días a un ansioso na Valenzá; que ante a tardanza dun coche dunha autoescola en arrincar, logo de esperar nun paso de peóns, non soubo facer outra cousa que dar sinais de vida, que chamar a atención a base de bucinazos. Coma se el nunca pasase por unha autoescola. Odio a eses que se desesperan ante o paso lento dunha persoa maior ou ante un novel condutor en prácticas. Son eses mesmos que sempre aceleran ou fan ruxir os motores ó entrar nas aldea e vilas, para presumir de máquina e de... condución? Como somos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES