Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sermón de Entroido 2020

miércoles, 19 de febrero de 2020
Moi boas miña xentiña.
Eu só vos viña saudar
pero sodes tan trasniños
que non sei por onde empezar.

Van primeiro os do monte,
avariciosos e mala xente:
quérenvos plantar todo
e á merda quen semente.

Non vos viven no rural,
nin ganas que teñen.
Só, se é para comer,
correndo vos veñen.

Cando vos é para xantar,
Ai! dávos gloria velos.
Quen plante pino e alcolito
que coma piña e caramelos.

Os do rural temos neles
unha cruz constante:
quen non ten puta idea
quérevos ser gobernante.

Disque veñen de visita.
Disque veñen axudar
pero axiña vos marchan
se non atopan que rillar.

Seica “xente de aldea
évos tropa do carallo”
mais eles non se dobran
nin para botar un carballo.

Eu mal non lles desexo,
que Dios lles dea moita salú,
que se queden na cidade
e que vaian tomar polo cu.

Haivos políticos modernos
que vos queren pór crotal.
Din que é pola liberdade.
Chámanlle pin parental.

Quen non ten que facer
saca dereitos da chisteira
e os que non lle conveñen
van directos á esterqueira.

Nesta nosa sociedade
o saber non vos cotiza
porque burros e manipulados
toleramos mellor a inxustiza.

A este puñeteiro pin
xa o chaman "neandertal”:
para crear mentes sumisas
évos algo fundamental.

A eles non lles gusta falar
só vos saben impoñer.
Sempre se vos fai a vítima
o que verdugo quere ser.

Se a violencia está na casa
haberá que sacala fora.
Precisamos igualdade
igualdade aquí e agora.

Cada morte, meus amigos,
é unha familia desgraciada,
mentres os nosos políticos
andan todos de carallada.

Algúns deses políticos
de carallada están mellor.
Se vos chegan gobernar
seríavos o mal maior.

Quen nos vería se gañaran:
na rúa a España abandeirada
e na casa, aquela outra,
por sempre ben amordazada.

Os ricos choran un pouco
ante a nova política fiscal.
Moito máis choramos nós
por non ter axuda social.

Uns poñen chaleco amarelo
pola política fiscal.
Outros loitan por poder pagar
o transporte na capital.

Madrid, miña xentiña,
acolleuvos a voz de Greta;
reivindicando ben rexa
un futuro para o planeta.

Os polos a derreterse,
árdevos o amazonas,
cada vez chove menos
e os políticos de pintamonas.

Ogallá vos chegara Greta:
con man firme e acción
e varrera esta borralla
empezando a revolución.

En outubro, meus amigos,
estándovos na Coruña,
ficamos todos abraiados
polos paus en Cataluña.

Opinións de aquí e de alá,
moitos intelectos a laretar.
Mentres non se senten
nada han de arranxar.

Cando se senten todos
havos ser sen condicións.
Hanvos ordenar as xentes
por enriba das nacións.

Consumouse o Brexit:
Eu non sei aquí quen gaña
pero moito mellor nos iría
se se nos fora Alemaña.

De Venezuela, amigos,
algo tería que falar
pero non sei nin quen manda
case mellor vouvos calar.

De volta a España:
perdeu a campa un ditador.
Agora as súas vítimas
Hanvos descansar mellor.

Causou unha gran polémica
cambialo de emprazamento
pero era cousa ben xusta.
Eu estouvos moi contento.

Agora tócanos honrar
a tanta xente asasinada
que, por ruíns mans fascistas,
en foxas vos foi enterrada.

Algúns lévanvos moi mal
perder os seus privilexios,
por medo a que se fale
dos seus grandes sacrilexios.

Falando de privilexios:
os ricos moito vos fan.
Os pobres mortos de fame
e eles salvando Notredán.

Por lucir o seu palmito
un bo capital hanlle dar.
Se fora casa de pobre
sen nada había quedar.

Agora xa vos podemos,
(despois de ben intentos)
cando non haxa remedio
poñer fin aos sufrimentos.

Isto é cousa de cada un,
cousa de moralidade.
A lei só vos proporciona
unha nova liberdade.

Noutras épocas recentes
recortaron sen piedade:
quen non pagou o fármaco
non tivo oportunidade.

Non vos hai como ser libre
ser sempre dono de si.
Se ti sabes o que queres
que ninguén decida por ti.

Como xa vou rematando,
non quero perder a ocasión:
á merda as casas de apostas
sonvos unha puta infección.

Acabouse, meus amigos,
tanto falar do poder.
Eu quero falar de sexo
que me dá máis pracer.

Déixovos, para rematar,
unha nova de gran alegría:
de cintura para baixo
acabóusevos a sequía.

Antes era cousa de dous,
ou tres ben concentrado.
Agora chega o satisfyer
e non os dades contado.

Imaxinando posturiñas
pasaredes un bo pedazo.
Acabouse o cinco contra un
que vos era un gran coñazo.

A ninguén fagades caso
se vos di que é pecado.
Deus dávolo para gozar
Deixádeo todo gastado.

Estou canso de predicar
vai sendo tempo de ir indo.
Poñédevos todos de pé
que xa vos vou bendicindo.

Mantede os ollos abertos
e a rabia sempre ben acesa.
Quen vos pida submisión
havos meter a man na artesa.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES