Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ineptitude duns cantos

lunes, 17 de febrero de 2020
Hai hoxe oito días espertamos coa nova do adianto das eleccións autonómicas de Galicia e do País Vasco para o día 5 de abril. E aínda que as campañas electorais teñen unha duración de tan só quince días, todos sabemos que este mesmo día 11 xa se iniciou a loita para intentar subirse á poltrona. Ou sexa, case dous meses de dálle que dálle con truques e retruques, con moitas promesas e máis mentiras aínda. Sabémolo e, de todas as maneiras, dámoslles toda a nosa confianza. Dado que somos bos de corazón. Aínda que, logo, axiña critiquemos as súas accións. Porque nos mentiron ou porque erramos nós. Penso máis que erramos nós. Xa que o das mentiras, repito, xa o sabemos. Normal que sigamos tropezando na mesma pedra unha e outra vez. Así quedamos esnafrados moitas veces.
A ineptitude duns cantos
Como en todas as eleccións que foron e en todas as que virán, ó principio sempre semella que haberá cambios. Porque uns e outros empezan con tanta forza que ven ós demais moi débiles. Logo, o pobo, pon a cada un no seu sitio. E sabemos que o pobo é soberano. Aínda que se equivoque. Que se equivoca tamén. Na nosa Comunidade, moito. Pero aínda así, segue a ser soberano.

Se na política ás veces (ou case sempre) descubrimos a ineptitude ou maldade duns cantos, no deporte, no fútbol sucede o mesmo, pero cos espectadores. “É moi triste ir só ós partidos porque non queres que a túa familia ou a túa parella vivan iso e escoiten o que che din”. Palabras fortes, demasiado tristes, que impresionan dun árbitro galego. Pero é a realidade de cada fin de semana. Por exemplo, na fin de semana pasada, no partido de xuvenís entre o Velle e o Seixalvo un árbitro retírase chorando polos insultos dun pai. A verdade é que non sei como lle chamo pai. Se fora un auténtico pai debería saber que o árbitro podía ser seu fillo. Ou que se imaxinase por un momento que tales insultos se dirixisen ó fillo que lle estaba alí xogando. Esa persoa non é un pai; é un simple energúmeno que non ten nin idea do que significa o fútbol, ou calquera deporte. Deberiamos erradicar xa iso de que imos ós estadios para desafogar. Se un quere desafogar, que colla un sacho e se poña a cavar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES