Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Dereito e deber!

domingo, 09 de marzo de 2008
Participar na procura e desenvolvemento dos grandes valores humanos da verdade, da xustiza, da paz, da educación e do benestar é un dereito/obriga de todos os membros da comunidade. Que se avance nun xusto e equilibrado reparto dos bens comúns e dunha xusta igualdade de oportunidades para acadar a pacífica e solidaria convivencia humanas é tamén o dereito/deber das persoas que comparten vida nunha sociedade democrática moderna como a nosa.

Dereitos/deberes que han de ser exercidos polos cidadáns comprometidos e co/responsables da marcha deste moi dividido e maltratado País, a España de todas e de todos. Os que vivimos outros tempos, saudamos gozosos “poder participar” a pesar das eivas desta aínda incipiente e pobre democracia. No canto da crispación e o insulto, hai que pór cordura e colaboración.

Pasou a etapa das promesas. Algunhas, de imposible cumprimento. Chega a hora dos feitos. Primeiro, votar, a pesar de todo. Case o único xeito da maioría. Hai que aproveitalo. A ver se somos quen de facelo en liberdade e buscando a mellora da calidade de vida dos pobres e empobrecidos aínda que a ninguén nos satisfagan as inxustas desigualdades que seguen vivas mesmo nos altos soldos dos candidatos dos que non se falou na pasada campaña electoral.

A vida segue. Con atrancos. Sexamos esixentes. Con nós tamén. Coa crítica positiva. Que se note que non comungamos con rodas de muíño. Os gobernantes deben traballar. Como estes días. É a súa obriga. E págaselles por iso. Quizás demasiado. Outra inxustiza nun País con soldos moi baixos e con irmáns/ás sen traballo, con fame e con dificultades para malvivir.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES