Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación en Betanzos da revista poética NPG Gazeta

sábado, 15 de febrero de 2020
A NPG Nova Poesia Guitirica presentará o sábado día 22 de febreiro ás 20:00 a súa revista poética NPG Gazeta N°CERO no LAR DE UNTA de Betanzos con un recital poético no que intervirán divers@s poetas que participaron neste número inaugural da revista e poetas de Betanzos.
Presentación en Betanzos da revista poética NPG Gazeta
Seguimos así con unha serie de presentacións deste número cero que se iniciaron con outro recital o pasado día 8 en Cee e posteriormente seguirán en outras localidades como Vilalba o próximo mes.

A revista conta con perto de 70 páxinas con máis de sesenta poemas doutros tantos autores e coas ilustracións en forma de retrato da artista vilalbesa da NPG Isabel Pardo e coas fotografías da capa e contracapa de Zeltia Villar. A coordinación e deseño corresponderon a Moncho Bouzas e Antón de Guizán e a maquetación a Xelo Teijido.

A GaZeta nace como unha plataforma web e en papel para a participación grupos poéticos de base e neste número teñen participado poetas adscritos ao grupos Nómades do Verso (Grupo Antón Borrazás) da Coruña, Grupo Moraima de Ferrolterra, Poesía Galega Ceibe da Costa da Morte, Irmandade Poetica e Artística Luso-Galaica de Chantada, In Nave Cívitas, Colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nova Poesía Guitirica e algunha participación individual.

Deste xeito, iniciamos con este número unha nova proposta aberta e participativa, unha concepción poética de caracter comunal e de base con un organo de difusión dixital e impreso que serve tamén para promover recitais e actos por diversos lugares, sendo o LAR DE UNTA o artífice da presentació nas Mariñas desta revista poética con un recital poético ao vivo e coa característica de ser proxectado e recitado a escuras no local da rúa Pescadería 3. Betanzos e comarca sempre foi terra de poetas e fará o sábado 22 de lugar de acollida poética a expresións chegadas doutros lugares do país, princjpalmente da Terra Chá luguesa.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES