Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia baleira

viernes, 14 de febrero de 2020
Xa que Teruel existe ata ten deputado en Madrid, co valiosos que agora son os deputados independentes, as asociacións de veciños fan nacer a especial Santa Compaña chamada Galicia baleira para recoller as ansias de vida deste país despoboado ao que de corazón desexo que non sexa canto de cisne senón ave fénix que dea nova vida aos milleiros de aldeas mortas do`país.

Mediado o século XX, os habitantes das aldeas souberon que había vida máis aló dos montes que asombraban os seus ollos, e fuxiron buscando asfalto, traballo e modernidade, e na aldea ficaron sós os vellos que foron morrendo, mentras quedaban as leiras a bravo servidas agora de estradas, luz eléctrica e teléfono.

Ogallá non sexa tarde para espertar memoria e conseguir xente que viva nun rural que imos tardar en facer atractivo, que non temos máis remedio que poboar para evitar o contaxio por gangrena. Porque a Galicia baleira contrístanos, por ser proba perfecta da nula visión de futuro dos que nos gobernaron estas décadas de progreso urbano, mortais para o rural. E co rural baleiro da Galicia de segunda pasa como co cambio climático, que vive a última oportunidade de coller o tren do equilibrio, da sostenibilidade, do futuro.

Non será esta a iniciativa definitiva, pero si toma de conciencia, referencia para as ansias de vivir de xeito natural nunha terra que estivo viva ata os nosos pais, que se deixou morrer, e á que temos que botar mán porque está pedindo revivir. Pero se para Lugo o poder está lonxe, para a Galicia aldeán, o Lugo do poder está lonxe tamen, e ate agora non soubo nin contestou. A ver agora.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES