Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 13 de febrero de 2020
O GPS das vacas

Desde logo... Mira que... Xa che digo... E o sermón viaxou por entre as carballeiras dun tempo que xa é pasado. Aínda que, no presente, todo segue máis ou menos igual. É dicir, que chove sobre mollado e vai sol no lombo dun lagarto. Desde logo non hai conciencia en moitos alpabardas. Recalcando que hai pasmóns para colgar nas orellas. Pingas de OrballoTamén é verdade que non somos perfectos. Mira que se chegamos a ser todos perfectos, adeus ós críticos. Eu son o primeiro que esbardallo sobre o que, ás veces, non entendo. Aínda que, iso si, de vacas penso que sei un chisco, polo que non me entra na cabeza que a Xunta de Galicia seica lle queira poñer un GPS. Xa che digo! Semella que é para saber, entre outras cousas, canto tempo pacen e onde o fan. Pero, almas cándidas!, ás vacas pásalles coma nós, coma ó ser humano; que come ata que se ve cheo e faino onde hai comida. Hai máis listos na Xunta de Galicia... Lembro nos anos 60 cando no monte Medo se xuntaban case ou sen case un cento de vacas e botaban moito tempo mirando cara ó ceo... porque non tiñan que pacer. E cando tiñas un pequeno despiste, ó mellor xa tiñas que ir buscar unhas cantas que marcharan a buscarse a vida ós lameiros ou ás leiras de millo de tal ou cal veciño. O labrego non precisa de ningún GPS para saber a onde pode levar as vacas ó monte nin para saber se están cheas ou non. Míranlle para a barriga e xa está. É o mellor GPS delas. Desde logo... Mira que... Xa che digo... Estes da Xunta... Canto é o non ter que facer...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES