Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de febrero de 2020
A fin do mundo

Quero rebentar a alma daqueles apaiolados que aseguran que nunca chegará a fin do mundo. Todo ten a súa fin. Na realidade tal fin xa hai tempo que se iniciou. E non estou a referirme ó tan nomeado cambio climático, se non a que si, a porque si. Porque o mundo rematará. Como remata todo. Estou nun futuro non moi afastado do pasado, pero lembro perfectamente o instante no que a bota italiana se desgarrou de Europa. Ó pouco, un cento de illas desapareceron e, por exemplo, a Península Ibérica xa vai na metade dos Pirineos rachando para separarse de Francia. Por certo, Estados Unidos e toda América, exceptuando o Machu Pichu, xa hai tempo que afogou nas augas do Pacífico e do Atlántico. Segundo os estudos que realicei logo destas devastacións, cheguei á conclusión de que o derradeiro punto en desaparecer da face da Terra será (aínda que pareza mentira) o Outeiro do Corno, no monte Medo, en Baños de Molgas. Por iso xa hai semanas que vivo nel. Aínda albisco o Outeiro de Brandín e entrevexo os montes da Farria. Así, a ollo, penso que me quedan dúas ou tres ducias de anos para desaparecer eu tamén, para que chegue a fin do mundo. Outro por certo, sei seguro que serei o derradeiro ser vivo deste planeta que estoura, que se disolve, que se perde. Polo menos eu non vexo a ninguén en toda a contorna. Dáme a sensación de que xa estou só neste triste peregrinar cara á devastación dos tempos. Pero téñoo moi asimilado. Que carallo, finarei co meu Outeiro do Corno!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania