Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (5)

miércoles, 12 de febrero de 2020
III. A Festa da faba

Coordenadas U.T.M. X: 637.663. Y: 4.814.501.

1. Trazos xerais e locais sobre a faba
Unha herbácea da familia das leguminosas, a faba, conta tamén hoxe en día con festa propia ao pé do mosteiro fundado por D. Osorio Gutiérrez. Produce esa planta sementes comestibles que maduran dentro do bagullo que as protexe. As súas flores posúen unha estrutura que pecha o órgano sexual feminino que, logo, se converte en legume. En Galicia coñécese tamén polo nome de feixón.

As leguminosas colleitas na Mariña lucense, e en particular no municipio de Lourenzá, presentan unha calidade relevante, porque as condicións edafolóxicas da zona, as abondosas chuvias e as temperaturas suaves destas terras son axeitadas para o seu cultivo.

A faba de Lourenzá chega ata os consumidores tras un rigoroso proceso de selección, almacenamento e conservación. Despois da colleita o produto sométese aquí a unha miúda limpeza, excluíndo calquera posible corpo estraño adherido ao gran.
Ademais retíranse as fabas con imperfeccións e selecciónanse polo seu tamaño. Para evitar a aparición do gurgullo e o estrago da leguminosa, introdúcense, durante corenta e oito horas como mínimo, nunha cámara frigorífica a unha temperatura inferior aos –20º C. Unha vez superado este proceso, as fabas mantéñense a temperatura ambiente en locais axeitados, onde se conservan ata o momento do envasado.

2. Os comezos da festa.
O concello iniciou un proxecto de explotación e comercialización das fabas do val de Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (5)Lourenzá con cursos impartidos por expertos sobre os coidados da leguminosa, para obter os mellores resultados do seu cultivo e rendemento. Unha das impulsoras deste produto foi D.ª Fe Rodríguez Rocha, ex-alcaldesa en Vilanova, quen comprobou persoalmente a calidade dese legume nunha plantación propia, que adoitaba amosar aos seus veciños para que apreciasen a súa valía. E, sen dúbida, a promoción da rexedora acadou grandes éxitos, pois as fabas recollidas en Lourenzá pronto comezaron a adquirilas os asturianos para a elaboración do seu prato máis típico, ademais de requirilas nos principais mercados de España, conforme o salientado polo fillo predilecto da vila Francisco Fernández del Riego no pregón da festa de 1998.

“A produción e o comercio da faba andan a esparexer polo mundo adiante o nome de Lourenzá. Distínguese a leguminosa polas características propias, defendida polo emprego das mellores técnicas. As fabas destas terras mariñás foron cobrando de a pouco ampla dimensión económica-comercial. Defíneas unha calidade singular que non poseen outras do mesmo tipo cultivadas en diferentes lugares.

Trátase de legumes moi apreciados nos mercados foráneos. Xa non só nos asturianos, que veñen consumindo a maior parte da produción galega. Tamén nos de Madrid e Barcelona, que incrementan cada vez máis a demanda. Entre as súas peculiaridades son de anotar: a inalterabilidade do formato, o tamaño máis grande do gran, a textura da pel, a cor branca e non amarela. Estas condicións singularizadoras outorgáronlles o creto do que disfrutan, e que chegou a que fosen premiadas internacionalmente” .


(Verbas de Francisco Fernández del Riego no pregón da VIII festa da Faba, 11 de outubro de 1998)

A primeira festa da Faba organízase en 1990 por iniciativa do consistorio, para promover e incrementar o seu consumo. Nun principio celebrábase só o primeiro domingo de outubro. Mais a partir do ano 2003, declarada xa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia, a festa abrangue o fin de semana inicial deste mes, coa conseguinte planificación de máis actividades. Nesas datas acoden compradores, produtores e tratantes interesados polo legume, de tal sorte que as edicións adquiren cada ano un maior pulo de cara ao exterior.

Foi na festa de 2004 cando se abriu o Centro de Interpretación da Faba, promovido polo concello mediante un proxecto subvencionado polo «Plan Leader Plus Terras de Miranda», coa finalidade de dar a coñecer as propiedades da leguminosa e mais as técnicas de cultivos tradicionais que, desde hai séculos, se veñen utilizando na Mariña lucense para a súa colleita.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES