Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alabado sexa o 'caldo de osos'

miércoles, 12 de febrero de 2020
Xa chega o antroido e a esta festa ancestral xunguiuse fai uns anos a esta parte unha cita gastronómica que xa e toda unha referencia na provincia.

Estoume a referir a “Festa do Caldo de Ósos”,un evento nado no ano 87 en Taboada e despóis duns primeiros anos titubeantes e que incluso chegou a non celebrarse, agora é imprescindible no contaxioso calendario festivo-feiral-gastronómico da nosa terra. Como ben di o prestixioso xornalista de Pol, Fernándo Ónega,”la gastronomía es la nueva religión de Galicia: no promete la gloria eterna, pero ofrece un anticipo en esta vida terrenal”

Decía o inmortal Alvaro Cunqueiro que o pobo galego e o que máis festas gastronómicas e vinícolas celebra entre todos os pobos de Europa.Si esto era así nos tempos do gran Cunqueiro, supoño que agora temos que estar á cabeza do mundo, porque cada ano aparece unha nova, e todas compiten entre si. Por outra banda o último censo de restaurantes de Galicia supera a cifra de cinco mil e temos un bar por cada cen habitantes. Pero non nos fiemos dos datos, porque entre a data do censo e o día de hoxe, ao mellor xa naceron máis dun centenar.

Quen non coñece en Galicia e incruso fora a celebración da festa do cocido de Lalin ou a do marisco de O Grove ou a da lamprea,o xamón,o lacón,a ostra,o cachelo,os grelos ou claro está a de pulpo de O Carballiño… E a dos viños diversos onde compiten albariños e ribeiros,amandis e chantadas, Barrantes ou Betanzos, ou Monterrei. E augardentes da que timos que resaltar a de Portomarín.

Pode que non exista ninguna comunidade que ofrezca tanta variedade e calidade de comida,nin tanta posibilidade de conxugar as dúas esencias do pecado da gula. E ambalas dúas xúntanse no desexo e celebración.

Pero sin dúbida a “Festa do Caldo de Ósos” de Taboada e referencia, entre outros aspectos pola singularidade do prato que vai xunguido inevitablemente ás matanzas domiciliarias que a pesar da normativa europea se seguen a facer en todas as aldeas destas terras, limitándose agora excrusivamente para o autoconsumo familiar.

Non lles vou falar das peculiaridades do “Caldo de ösos”, mellor invítoos a que disfruten o vindeiro dia 23 no decurso da festa, podendo degustalo nos diferentes establecementos hosteleiros da vila, onde ofertarán ao visitante varias alternativas da máis pura gastronomía popular.

Xa para rematar tan soio cabe felicitar o concello de Taboada, co seu alcalde, Ramiro Moure ao frente que xunto ao gremio de hostelería de Taboada souberon manter e potenciar esta singular festa que nesta edición chega xa os 29 anos de historia. Soio pedirlle ao Señor que nos perdoe o pecado da gula, pero ti só nos prometes a groria eterna, e a terra e o mar de Galicia achéganos a groria de eiquí. Alabado sea Deus.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES