Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 07 de febrero de 2020
Céntimos por euros

Por fin o pobo labrego empeza a poñerse en pé de guerra. Non con tantos fouciños, gadañas ou forquitas coma antes, pero si con tractores e moita carraxe. Xa era hora! Claro que, aínda son poucos. A pobre Estremadura e pouco máis. Oxalá, pouco a Pingas de Orballopouco, se unan as demais Comunidades Autónomas. Porque a base dun país está na agricultura. E a subsistencia. Mal que lle pese a algúns. Lembro hai uns anos, cando me encerrei (cuns cantos viticultores) na Delegación do Medio Rural de Ourense, que a certos “compañeiros” lles pareceu mal que fixese iso, por pertencer eu a esa Delegación. Non conseguían asimilar que, un servidor, era funcionario polas mañás e labrego polas tardes. Xa me pasara tamén unha vez que criticara neste mesmo xornal á, entón, conselleira do Medio Rural; que como era capaz de escribir en contra da miña “gran xefa”? Tamén seguían sen asimilar que fose funcionario polas mañás, labrego polas tardes e presunto escritor polas noites. A ninguén lle deberían molestar as críticas cando se lles di que fan as cousas mal. Porque na agricultura e na gandaría sempre se fixo todo mal, e sempre foi o medio de vida peor pagado, polo menos neste país. Debiamos entender que non procede ese embrollo, ese embeleño existente nos prezos, obrigados polas redes de distribución, ou sexa, a gran diferenza de venta desde o produtor ata o consumidor. O labrego non pode vender un produto a base de céntimos para, logo, mercalo a base de euros. O Estado ten que tomar cartas no asunto. Pero xa! E se non, que se prepare para a guerra.

Andei, do verbo andar

Andei quilómetros a darlle cun sacho. Pola mañá, realicei, en Maceda, unha andaina ós Penedos da Moura de case ou sen case 15 quilómetros. Pola tarde, andei, lendo, durante dúas horas por dúas pistas de Maceda. Cando cheguei á casa, andei uns 15 ou 20 minutos, tamén lendo, pola cociña. E xa por último andei desde A Farixa ata o Parque de San Lázaro, e volta para A Farixa, mentres facía tempo para que Alán saíse Pingas de Orballodunha autoescola. Tamén é certo que, agora mesmo, véxome no papel de Sylvester Stallone: “non sinto as pernas”. Sobre a andaina ós Penenedos da Moura direi que o traxecto, en algúns lugares, estaba complicado a causa do bulleiro e, faltaría máis, botei en falta en certos cruces unha mellor sinalización. Menos mal que a min sempre me funcionou ben aquilo da intuición, ou sexa, de “a ollo”. Os meus rapaces xa saben que sempre me perdo (cando se nos dá por saír de vacacións algún ano), pero sempre chego ó meu destino. E sigo dicindo que moitas das perdas son por malas sinalizacións. Si as rutas estiveran ben sinalizadas, non habería que preguntarlle a ninguén ou consultar mapas e máis mapas. Xa que estamos co asunto da sinalización, direi que tamén me atopei con cruces de estradas nos que tiven que adiviñar para onde coller se quería ir a tal ou cal aldea. Como así mesmo cheguei a algunha aldea que adiviñei cal era por unha consulta anterior nos mapas (ou por intuición, claro). Resumindo: que no rural a sinalización moitas veces brilla pola súa ausencia. Non obstante, para a semana que vén seguirei a perderme por aí; a andar, do verbo andar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES