Un combate a dous
Cardalda, Theo - jueves, 06 de marzo de 2008
Xamais tiven maior interés por uns debates políticos onde non están representados tódolos votantes do arco parlamentario. Nembargantes, por esta vez tiven a santa paciencia de ollar e escoitar os dous debates para poder facer unha crítica (positiva ou negativa) dos dous representantes dos partidos maioritarios do estado.
Cando me acomodei na cadeira fronte ao televisor, deume a sensación que ía a ollar un combate de boxeo, así o reciclei nos miolos desde o primeiro intre ao pé da pantalla.
Comeza o combate co permiso do árbitro. O aspirante ao título comeza a dar uns golpes baixos demagóxicos usando de cando en vez uns barullos cara a certo público que case non entenden deste boxeo-político, o aspirante dáse conta que o combate aínda que sexa desta maneira pode coller máis adeptos dese público, onde comezan a aplaudirlle como tolos. O actual campión, comeza a recibir estes golpes e barullos e trata de esquivalos como pode, parte do público que sabe de que vai a cousa, comeza a gritarlle que use a mesmas armas que o seu contrincante. Na metade do combate trata de usar esas mesmas armas nalgún momento, dándose conta que iso non lle fai falla, comprende que ten parte do público ao seu favor e trata de rematar o combate dunha maneira amigable.
O árbitro da por rematado os asaltos. Ao final os medios e as enquisas falan de gañadores e perdedores. Eu que vin o combate, tamén teño o meu pobre criterio: o considero un tongo xa que non gañou ninguén, só houbo un perdedor que foi o público (pobo) que é o que paga ante un combate tan patético.
Non foi un combate de ideas, pareceuse máis a un monologo facendo carantoñas, destacando o aspirante ao título de intentar insultar á intelixencia de moitos españois.
Cada un fixo o seu papel que lle corresponde no ring, dentro das coordenadas que ordena o regulamento dos que financian na sombra este boxeopolítico.
Aos organizadores destes combates témoslle que lembrar que non soamente existen os pesos pesados, senón que temos preto de catro millóns de aficionados-votantes que tamén lles gusta que se celebren combates de tódolos pesos no mesmo ring, onde podemos os españois ter unha máis completa información da grande e rica pluralidade deste país.
O vindeiro domingo día 9 o pobo dará o veredicto. O campión gobernará con ese título pero non terá o poder. Ese poder cos tempos que corren de neocon sempre será dos que fan e financian ese regulamento.
Ímola andando que a festa vai boa. A bo entendedor moi poucas palabras fai falla.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora