Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde hai que asinar?

jueves, 06 de febrero de 2020
O pasado sábado, a miña vila acolleu un acto cheo de simboloxía ibérica, coa instalación dun busto que reproduce a imaxe de Xosé Velo Mosquera, un celanovés falecido no exilio brasileiro de São Paulo no ano 1971, inxustamente tratado pola vida e inmerecidamente ocultado pola historia de Galicia.

"...Queimeime, acaso fulgurantemente, en conversas cheas de vida e de maxinación, en perigosas clandestinidades, por onde quera que me encontrei e nalgunhas accións brilantemente concebidas, medianamente desenvoltas, mal acompañadas e melancolicamente finadas. Espero que a miña precura resulte certa e así poida facer aínda, no finizo dos anos, algunha cousa pola nosa Galicia e para o parto da Hespaña que non naceu”.

Así se pronunciaba nunha carta que lle escribiu a Celso Emilio Ferreiro pouco tempo denantes de morrer e que este sacou á luz da letra impresa na súa derradeira obra publicada, "A taberna do Galo".

No transcurso do devandito acto a min tocoume darlle lectura a un fragmento dun ensaio, inédito aínda, do propio Velo, cheo de crítica retranca e que significativamente leva por título: "Muera España! Viva España! Prólogo para la inauguración de Iberia".

Un título provocador, sen dúbida, pero que constitúe, no seu conxunto, un alegato á constitución da Federación Ibérica e, polo tanto, á unión -non só cultural senón tamén política e institucional-, de tódolos pobos que conforman xeográfica, histórica e socialmente a denominada península Ibérica.

“Nosotros -declarou nun acto de presentación do Dril en Caracas- defenderemos el principio de autodeterminación para todos los pueblos que han sabido conservar, a través de los siglos, su personalidad nacional, y, por consiguiente, defendemos el derecho de autodeterminación para Galicia, que conserva todos los atributos de una verdadera y auténtica nacionalidad; pero nos consideramos autorizados a restringir este derecho a lo que es racionalmente justo, conveniente y posible, descartando de antemano el separatismo. Entendedme bien -voy a repetirlo-, descartando el separatismo y abogando por una unión paccionada de todos los pueblos diferenciados de España en un estado plurinacional y republicano, capaz de atraer a Portugal (...)

Onte lin que o alcalde de Porto, o independente Rui Moreira, propón a formación de "Iberolux", que non ven a ser outra cousa ca un novo xeito de lle chamar á vella e non só romántica idea da fusión institucional de España e Portugal.

Lin parte dos argumentos defendidos hoxe polo político portista e nantronte por nomes tan preclaros como Pessoa, Saramago e Lobo Antunes, Curros, Castelao ou Unamuno, e despois de lelos e telos, dende hai tempo, interiorizados e asumidos, digo, onde hai que asinar para a realidade futura substitúa dunha vez por todas ó mito.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES