Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A risa como terapia

jueves, 06 de febrero de 2020
Cando nos encontramos cun bebé o primeiro que facemos é míralo con dozura e lanzarlle un sorriso.
Cando nos encontramos cunhapersoa querida, o sorriso tamén acompaña o saúdo ou unha aperta.
Se observamos as criaturas, observaremos que rin moito.
A infancia é feliz porque ri moito; aínda que tamén ri cando está feliz.
Risa e felicidade camiñan en paralelo, van sempre collidas da man.

¿QUE TEN A RISA PARA QUE POÑA AS PERSOAS LEDAS?
Pois a risa ten o poder de crear endorfinas.
As endorfinas son unhas sustancias químicas que todos podemos producir porque no noso cerebro temos unhas glándulas que as producen.

As endorfinas son un opiáceo natural, un analxésico gratuito que temos ó noso alcance.

As endorfinas fan que o noso cerebro reduza a sensación de dor porque interactúan nos neurotransmisores encargados de producir pracer e benestar.

Algúns chámanlle a “droga da felicidade” porque reduce a dor física e fortalece o noso sistema inmunitario.

Aínda así; non falta quen pense que a risa implica falta de formalidade.

Durante moito tempo, unha persoa considerábase seria e formal cando ría pouco.
Nada máis lonxe da realidade.

A FORMALIDADE E A SERIEDADE NON ESTÁN REÑIDAS COA RISA SÁ E SAUDABLE.
Ambas son propias do ser humano independentemente do sexo, da lingua, da cultura ou clase social á que pertenza.
A risa está ó alcance de todos.
Afortunadamente hoxe en día sábese que a risa sá e saudable ten moitos beneficios.

Vimos á vida para vivila con alegría e felicidade porque a vida é o mellor regalo que se nos pode facer.
Sen vida, non hai nada; con vida podemos disfrutar e vivir en plenitude.
A risa pode ser forzada ou espontánea.

Loxicamente a espontánea debe ter un condicionante que a produza; por eso nada mellor que rir en compañía.
Rir na compañía das persoas máis queridas é unha auténtica gozada.
Rir en grupo asistindo asiduamente a cursos de risoterapia non ten prezo.

Para que a risoterapia faga a súa función no grupo, ten que haber detrás unha persoa especialista que saiba moi ben como chegar á alma infantil do neno que todos levamos dentro.

Descubrir o neno que levamos dentro é unha experiencia inigualable.

Lamentablemente o ritmo de vida que levamos exíxenos ter un comportamento adaptado, moitas veces, ás necesidades do capitalismo, do materialismo e do consumismo no que estamos inmersos.
Pero:
¿Vivimos para producir ou producimos para vivir?

-Cando recibimos noticias de que unhapersoa é despedida do seu emprego por coller unha baixa por enfermidade…
-Cando unha muller en idade fértil non pode quedarse embarazada por medo a perder o emprego…
¿Onde quedan as ganas de rir?
“TÉMOLO DIFÍCIL”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas á risa que deixo disfrutado e moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES