Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A orixe das oliveiras de Quiroga

miércoles, 05 de marzo de 2008
Por todos é sabido e coñecido que Euristeo encomendou unha serie de traballos a Heracles, por certo sen recibir remuneración por eles, pois eran probas que tiña que superar o xigante para recibir o premio consabido. Ese coloso emprendeu as súas empresas provisto dunha clava que portaba na súa man, coma se fora unha singular chave coa que abriría calquer porta-obstáculo. Acompañaba a este xigantón o seu escudeiro Yolao, parecido a aquilo de Sancho co seu Quixote, pero moi distinto, dada a época das aventuras. A maza ou clava era unha grandiosa pola de oliveira, árbore non coñecida por entón en Galicia. Cando o forzudo e o seu acompañante atoparon que os montes pechaban a entrada ao paraíso de Gallaecia, entón Heracles, sen pensalo dúas veces, desviou, dun contundente golpe o curso do Sil para que servira de eficaz ferramenta e fora abrindo o camiño que el seguiría. Así, deste xeito, rompeu os montes, traballo que quedou inédito e non sería recoñecido na súa traxectoria pois tampouco estaba previsto por Euristeo. Experto era Hércules neste tipo de inxeñería hidráulica, xa que para limpar as cortes de Augias desviou os ríos Alfeo e Peneo, no caso de Gallaecia foi para facer un camiño seguro. Tamén foi el quen fixo o buraco de Montefurado, non estamos a referirnos ao túnel romano, ese foi posterior, facemos alusión a ese pequeno val coqueto e agarimoso onde está enclavada esa poboación quiroguesa. Sería esta unha obra de grande envergadura; foron tantos os mazazos que deu que, cando rematou a laboura, chantou a maza nun lugar coñecido coma Albaredos e deitouse a durmir mentres o seu fiel Yolao quedaba de centinela. Foi longo o soño e pracenteiro, dada a zona tan tranquila e ensoñadora. Pero, neste caso, coma se fora algo misterioso, tamén o seu escudeiro quedou nos brazos de Morfeo. Cando despetaron non sabemos o tempo que estiveron nese estado, foi grande a sorpresa dos dous vindo que, a carón da maza brotaron unhas pequenas e fermosas oliveiras. Dende ese punto cada paso que daba coa clava, cando a usaba como si fora unha caxata ían brotando novas plantulas desa árbore ata chegar ao Val de Quiroga onde Hércules dando un berro tremendo dixo ao Sil "Río, en todo o teu curso, porque eres un bo camiño de auga, podes ter oliveiras que serán a teu mellor coroa de paz.Aquí deixo a miña maza, e chantouna nas mesmas Augas Mestas, e collo para clava unha destas formidables rochas de lousa porque elas serán tamén, nun mañá, pedra de pan".

Dixo isto marchou camiño de atoparse con Xerión en A Coruña. Para acabar con el utilizou como maza esa grande lousa de Quiroga que, den aquela, sempre estaría nas súas tarefas e traballos ainda que todos crean que era a primitiva clava, pero esa quedou para sempre neste Val.

O Sil levou, ainda contracorrente drupas de olivas ata as terras de Valdeorras e, antes de abrazarse ao Miño o agasallo que entregou a ese río foron olivas que este levaría ata a cidade olívica, o mesmo Vigo.

Desto xeito, nunha xornada de descanso, un receso nos moitos traballos dese xigante, deixou nestas terras de Quiroga un regalo, agasallo que soamente poderían dar os mesmos deuses, esas oliveiras, prantas tan emblemáticas y carismáticas que non deben desaparecer deste recuncho lugués porque son herdanza da mesma mitoloxía, aurora da noite longa dos tempos e, hoxe en día mencer oleáceo, outro río que, nas terras do Sil, descorre paralelo a ese "flumen" para demostrar que sempre esta viva a historia dunhas oliveiras que marcan a ruta Sur Lucense e proporcionan o bálsamo máis divino xunto co viño.

Aceite e viño, dous símbolos. Oliveiras e videiras de pel chea de enrugas e talos tortos cansas de soportar nos seus lombos o peso do paso dos tempos pero felices por ser escudo seguro e eficaz da máis anterga tradición.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES