Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando o rosa se volve rancio

miércoles, 05 de febrero de 2020
Nunca fun moito de rosa e non falo da cor senón do significado social que ten na actualidade. É unha prensa que procuro evitar e un mundo no que intento deliberadamente non estar ao día. Si é certo que hai algunhas interseccións entre este mundo e o da cultura que é do meu agrado; entón, xorden acontecementos anuais como os premios Goya que merecen a miña atención.

Nas crónicas que os suceden é inevitable cruzarse co rancio (perdón, co rosa) máis tendo en conta que o cine potencia e arrastra outro xeito de cultura que é a moda. Partindo disto, un ten que aceptar que todo se pode comentar e que a crítica pode ser positiva ou negativa, tendo sempre que respectala.

Dito todo o anterior, a crítica ruín e despectiva non debería ser respectada e aínda que quizais debamos consentila en aras da liberdade de expresión, temos todo o dereito a castigala non só coa crítica á crítica senón, tamén, coa ignorancia e o ostracismo á mesma. Estou a falar da crónica que El Mundo fixo sobre os Goya, baseada en consideracións persoais que transcendían á vestimenta das actrices e actores ata chegar ao insulto e o desprezo persoal.

Utilizar un medio nacional coa visibilidade que ten o portal citado denota unha baixeza moral tanto por parte de quen escribe como de quen consinte a súa publicación. Isto podería ser sinxelamente a miña opinión que non ten porque ser compartida por ninguén pero hai un feito que máis ben parece evidencia e é que ante as críticas recibidas, a reportaxe reeditou algúns comentarios.

Non podemos naturalizar as fallas de respecto e moito menos a presión social que o maldito canon de beleza supón, xa de per sé, para as mulleres. Non podemos naturalizar que a unha muller se lle chame “accesorio” ou outras barbaridades de taberna que non vale a pena nin repetir. Coido que a prensa rosa necesita un código deontolóxico urxente se quere sobrevivir. Aínda que se non sobrevive algúns non a imos botar en falta…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES