Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Detras das calamidades

lunes, 03 de febrero de 2020
Un vai e outro vén. Inglaterra marchou xa da Comunidade Europea e o coronavirus vén do cabo do mundo.
Dúas calamidades que poden ir moito máis alá da propia traxedia. Aínda que semelle que o do brexit non é para tanto, ó mellor si, ó mellor é máis grave do que se pensa; tanto para os propios ingleses coma para o resto dos europeos. Con respecto ó coronavirus de Wuhan, que dicir... xa empeza a espallarse coma unha peste ou epidemia universal. A proba é que a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa declarou a emerxencia sanitaria internacional. E ante isto, asoma con forza o peor virus do mundo: o do medo. Este si que vai dar traballo e traer calamidades. O medo vólvenos cegos e irracionais.

Falando de calamidades, estamos a pagar o pato, a pagar a desfeita (nunca mellor dito) da borrasca Gloria. Sabendo como sabemos que as forzas da natureza son imprevisibles, nós, o ser humano, nin caso. Por exemplo, a Lei de Costas pasámola polo forro, polo arco da vella. E os concellos, Comunidades e Estado abren a boca de pasmo ante as cores do arco iris, con tal de non tomar medidas para non poñerse a mal con ninguén. E deixan edificar á beiriña mesmo do mar e dos acantilados. Para que todo sexa máis bonito. E as Confederacións Hidrográficas fanche a vida imposible por talar un amieiro á beira dos ríos, ó mesmo tempo que miran ó biés ou de esguello cando alguén constrúe pegadiño ó río. Agora botamos unha man á cabeza e outra á faldriqueira para pagar esas subvencións que axudarán a levantar todo de novo. No mesmo sitio, por suposto. Para que dentro duns anos (ou simplemente duns meses) volva a natureza a chamarnos parvos de remate ou burros fariñeiros. É igual; mentres alguén solte a pita por detrás, as súas vistas estarán no mellor lugar.

Estamos a gastar un diñeiral desde o día 23 buscando a uns iluminados que se lles deu por botarse ó mar estando este como estaba. Claro que, agora, é para desconfiar que se botaran para realizar as súas chafalladas sobre o narcotráfico. Ante isto, é triste, pero case é normal que te esquezas deses seis mariñeiros que desapareceron. Agora, sabendo o que se sabe, non queda outra que dicir: eles mesmos o buscaron.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania