Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don e confusión de lenguas

miércoles, 05 de marzo de 2008
O das lenguas non é problema de agora senón que hai miles de anos xa planteaban serias dificultades para a relación dos pobos, estando Babel como exemplo de situación caótica derivada da confusión lingüística.

O don de lenguas, tamén de antiguo, víñalle dado a persoas que se situaban por encima de toda división e falaban de xeito que todos os entendían, cada quen no seu idioma.

Todo esto mantén a súa vixencia, e teñen o don de lenguas os que mediante o estudio chegan ó coñecemento dos xeitos de expresarse doutros pobos e polo tanto ó acceso a outras culturas, e a confusión queda para os que –esquecendo que a lengua é unha riqueza, unha distinción, un anaco propio para situarse no mundo sin menospreciar ás demáis- fan casus belli nunha primacía que separa sen ningunha contrapartida.

Non vai ser posible que os eurodiputados falen en galego nas institucións da Unión Europea, aínda que no galego poderemos dirixirnos a esas institucións, o mesmo que en catalán e en vasco.

A razón primeira é de índole práctico. Neste momento hai 21 lenguas oficiais na Unión, despois da última ampliación. Tres máis, dun só estado, sería complicar moito unha organización xa de por sí complexa.

Farase unha versión en galego do Tratado de Lisboa, terán máis participación nas institucións europeas as comunidades autónomas pero que o galego soe nos consellos de ministros da Unión non parece posible, como a Pérez Touriño ven de confirmarlle o Secretario de Estado para a Unión, Alberto Navarro.

Lóxico… A Unión significa a superación das barreiras fronteirizas e das moedas; é o camiño para unha lexislación común e, andando o tempo, un común exército. Pois coas lenguas pasará o mesmo: Formemos ós europeos nun don de lenguas obtido polo ensino e a cultura e teremos un conxunto de pobos cultos que se entenden entre sí, e potenciemos dentro das nosas comunidades os idiomas propios, que brillarán de xeito esplendoroso onde lles pertence, onde naceron, onde son propios. Só así seremos tan grandes como merecemos e queremos ser.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES