'E tal vez pasa un anxo' (Luz Pozo)
Timiraos, Ricardo - jueves, 30 de enero de 2020
A Doña (sic) Luz Pozo Garza, coa máis profunda admiración e gratitude. Filla e Gloria de Ribadeo, Viveiro e a Terra
infinita.
Cando o corazón busca o repouso no Faro da illa Pancha, o tempo morre e as augas do mar e a choiva só anagan a ialma. O corpo non existe. É o corazón, que fuxe na procura do amor branco, que pide pan fresco e nisa procura mergúllanse na poesía da sensibilidade exquisita de Doña Luz Pozo Garza. Isa Luz do Faro que se espalla polo mar coma olas de bicos e apertas. Isas follas de amor/ dolor vestidas de palabras, extirpadas do Pozo da ialma, e que voan pola vida non sei se como aqueles anxos con patis ou simplemente son Garza(s) que camiñan polas rúas da vida con ise aroma doce e fresco de rosas ou flor de limoeiro.
Sempre admirei aqueles ollos:Mis ojos los ha encendido un ángel con su antorcha.
No culpes a mi corazón, es la luna que se perdió en la noche (Indolencia). E cecais sen decatarme: Me llamabas prendiendo la voz entre los árboles(Evocación).Porque na vida, tamén a Ela lle pasa: Purifica mirar los ojos del niño donde laten grillos y pájaros dulces( Niños). Cecais sexa pretenciosa pola miña banda pensar que poideran latir no meu seo grilos e paxaros doces, máis, na súa procura, con modestia, andamos.
Só estou lendo un libro: Memoria solar da eterna Doña Luz. Muller que sempre soupo, con tan fermosa sensibilidade e garimoso trato, namorar, non só a todo-los rapaces da Academia Minerva de Viveiro, senón a toda-las persoas que a trataban. (¿Verdade, amigo García?).
Non, non fun afortunado daquel ensino. Só lía aqueles poemas que caían nas miñas máns en périodicos locais e revistas. As nosas vidas, alonxadas pola edade e o vivir, camiñaron por vieros alleos. Mais recordo os anos sesenta.
Non, non eran tempos para escoitar o seu ledo piano, nin para o análisis do himno do Congreso Eucarístico: Gloría a Ti, Víctima Pura, vencedora de la Muerte... Eran tempos de tristuras, ceos grises e brutalidade barata e abusona.
Por iso sei que era Doña Lucita unha das moitas persoas fartas de cicatrices de sangue e dolor e que, por fortuna, as mans de Pimental trocaban as espiñas en rosas. Despois virían os tempos ledos de verbas preñadas de amor e os bicos do poeta Eduardo Moreiras. É a maxia da poesía que só os escollidos son capaces de conseguir. Dolor dunha muller que sempre tremaba co fungar das balas e chorou, con mel nos beizos e en bágoas de poemas, non só polo seu irmau Gonzalo, senón por todos, ata por nós. Un non pode por menos de recordar o Cravo de Rosalía.
Muller valiente, transgresora, vital
sempre soupo vivir coa lira da súa música e nos beizos con ise afortunado dicir de: un flor e un cantar. Por iso eu sempre fuxin dos homes que non miran as estrelas nin escoitan a fala da Lúa. Da Lúa, de tantos pitillos e tantas esperas, sei non sabe chorar nin tampouco está namorada. Só aluma os nosos soños,como as palabras de Doña (sic) Lucita,-así lle chamaban os seus alumnos- porque as verbas do seus versos son as estrelas que acougan a noite, a savia que alimenta o árbol do corazón, o silenzo no que durme a tristura, a auga que apaga o dolor. As súas palabras son bicos escritos no ar que rebulen por acó e no Alén. Follas que espalla o vento e camiñan polo río da vida coa xenerosidade de quen viveu e vive para amar.
Por iso quero agradecer ós Concellos de Viveiro (Filla Adoptiva), e ao seu Ribadeo natal ( Filla Predilecta), a sensibilidade amosada e que, según me consta, refrexan o verdadeiro sentir de ambo-los dous Pobos por unha persoa tan merecedora de tanto agarimo. Porque foi Luz de tanta xente, Pozo de tanto amor e dolor, Garza velaiña, churrusqueira
Voadora Pomba polos soños da xente, Mestra da vida e Dona e Flor dos corazóns. E iso non é doado. So é un don de Deus cós xenerosos.

Timiraos, Ricardo