Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (3)

jueves, 30 de enero de 2020
Trazos artísticos do santuario
Coordenadas u.t.m.
x: 637.663
Y: 4.814.501

Os fieis, cando van venerar o Conde Santo, encóntranse cunha espléndida fachada barroca deseñada polo arquitecto Casas Novoa, que anos despois habería de proxectar a do Obradoiro na catedral de Santiago. O templo de Lourenzá ten dúas torres: a da dereita só conserva o primeiro corpo, a da esquerda, en cambio, érguese completa e presenta tres seccións con semipilastras dóricas. Entre ambas as dúas hai un magnífico retablo de pedra calcaria tallada con catro corpos, nos que se mostran as esculturas da Asunción da Virxe, San Bento, o Conde Santo vestido de peregrino e o Salvador.

Traspasando tan fermosa fachada os romeiros entran na igrexa monástica -hoxe en día parroquial- cuxas obras se iniciaron no ano 1732 e se prolongaron ao longo de todo o século XVIII. O templo está distribuído en tres naves, separadas por pilastras dóricas das que xorden arcos faxóns. A cobertura da nave maior, do presbiterio e dos brazos do transepto é de bóveda de canón con lunetos. As naves laterais sosteñen bóvedas de arestas, e o centro do cruceiro cóbrese cunha gran cúpula de media laranxa con lanterna.

No presbiterio destaca o retablo maior, neoclásico, deseñado por Ventura Rodríguez no ano 1766. Nas capelas absidais álzanse dous retablos neoclásicos. No brazo dereito do cruceiro hai así mesmo un altar neoclásico e, no esquerdo, un barroco. Ademais na nave lateral dereita móstranse un retablo renacentista e dous barrocos, e na esquerda hai un neorrománico de comezos do XX.

Os fieis, procedentes de diferentes parroquias do concello, adoitan visitar a igrexa a modiño nos días de festa do Conde Santo, que se celebra o último fin de semana de agosto. Asisten alí á misa solemne e, a seguir, acompañados do párroco van venerar o fundador do mosteiro á capela anexa de Valdeflores, ergueita na segunda metade do século xvii para albergar expresamente o mesmo sarcófago paleocristián de mármore que el escollera en Terra Santa como última morada, segundo a xa aludida lenda.

Ese antigo sartego amosa unha decoración de trinta e tres estrigiles, que configuran unha especie de cepillo con acanaladuras en forma de S ou de xugo. No centro delas represéntase un crismón, ou monograma de Cristo coas letras gregas enlazadas de х e r , rodeado de tres l1ureas estilizadas, enmarcadas en dJas molduras de media cana. No interior do sepulcro, nunha caixa de madeira de sándalo, conservábanse os osos do conde Osorio Gutiйrrez e mais os dun fillo seu, exhumados en 1968 ante a presenza das autoridades e dun notario eclesiástico.

A ambos os dous lados da sepultura hai dous pequenos retablos barrocos dourados con tallas de madeira, que representan dúas santas abadesas beneditinas. Baixo o retablo dereito lese a seguinte inscrición: «Aquí yacen los huesos de los Señores y descendientes de Nuestro Patrón el Conde Don Osorio Gutiérrez».E no do lado esquerdo, hai outra para indicar o enterramento da irmá: «Aquí yacen los huesos de Doña Urraca, Hermana del Conde Santo».

En boa medida, tan prezado sarcófago vén ser o reflexo dunha sociedade a cuxo sector máis elevado pertencía Osorio; un claro expoñente dos dereitos sobre as persoas, a terra e os bens, conforme antigas normas de xerarquización e vasalaxe, que traerían como consecuencia, a partir do século xvi, a singular ofrenda do paxaro rei charlo ao abade do mosteiro.

Os do Paxaro

Dende o século XVI, os veciños de Vilanova son coñecidos como os do Paxaro, en relación coa vasalaxe que lle ofrecían ó abade do mosteiro o primeiro día de cada ano, cando se reunían os alcaldes ordinarios cos escribáns de número. Na compañía dos habitantes do lugar dirixíanse á cela do padre, levando un paxariño, ó que denominaban rei charlo. Portábano preso cunha fita nunha lanza e esta a ombreiros de dous veciños elixidos polos alcaldes e entregábanllo ó monxe superior baixo a seguinte fórmula: «Señor, os ofrecemos este pájaro en señal de vasallaje», que este recibía de mans do rexedor de fidalgos e, finalmente, mediante o ritual de cortarlle algunhas plumas deixábano en liberdade. Despois, procedíase á elección dos alcaldes anuais, a cal se lle transmitía ó relixioso para que a confirmase. En caso contrario este decretaba: «No viene en forma». Ordenábaselles entón que realizasen nova escolla, que «facéndolla de suxeitos timoratos, a firmaba e confirmaba, mandando que fixesen a xura en mans da xustiza maior e que as tivesen por tales, con obriga a darlle residencia o xuíz que sinalase o abade. No caso de que non cumprisen con esta cerimonia o Día establecido por non poder cazalo tiñan obrigación con este recoñecemento o día de Reis, [baixo] pena de certa cantidade de maravedís que pagaban se había falta na súa execución».

(Da voz «Lourenzá» na Gran enciclopedía galega, tomo XXVI)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES