Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas santas

jueves, 30 de enero de 2020
De persoas boas ou de boas persoas falamos con certa
frecuencia; pero de persoas santas, non tanto.
¿Por que será?
-¿Será porque nos parece que a santidade é cousa doutros tempos?

A santiddade é cousa de tódolos tempos.
Dos tempos actuáis, tamén.

De feito hoxe en día hai moitísimas persoas que levan unha vida santa.
Esas persoas andan entre nós, cruzámonos con elas tódolos días.
Algunhas fan actos heroicos e incluso reciben premios; pero a maioría santifícanse silenciosamente na vida cotiá.

Son as que cumpren co seu deber de cada día:
-Todos coñecemos PAIS que se comportan como corresponde aínda que teñen que sacrificarse.
-Todos coñecemos NAIS que saben exercer maravillosamente o seu rol no fogar: son as raíñas da casa.
-Todos coñecemos ESPOSOS que aman ás súas esposas como ás pupilas dos seus ollos: nótaselles na delicadeza coa que as tratan.
-Todo coñecemos ESPOSAS que veneran ós seus maridos porque saben valorar o que signifiacan para elas e para os seus fillos.
-Todos coñecemos PERSOAS QUE CUMPREN RELIXIOSAMENTE coas súas responsabilidades profesionais: son luz e sal na terra.
-Todos coñecemos PERSOAS QUE SOFREN CON PACIENCIA os defectos do próximo e fan de tripas corazón.
Non o fan porque sexan tontas; fano porque son santas.
-Todos coñecemos PERSOAS QUE FAN BEN SEN MIRAR A QUEN e grazas a elas funcina moito mellor a sociedade.
-Todos coñecemos PERSOAS QUE COMPARTEN TEMPO, COÑECEMENTOS E BENS tanto temporais como espirituais cos necesitados.

Todo ese colectivo de persoas son persoas santas porque se esmeran cada día máis e mellor en medrar en santidade:

-Hai persoas santas con moito carácter.
-Hai persoas santas con mal xenio; pero bo corazón.
-Hai persoas santas que tamén son moi tímidas.
-Hai persoas santas extrovertidas.
-Hai persoas santas…

UNHA CARACTERÍSTICA COMÚN A TÓDALAS PERSOAS SANTAS É O BO HUMOR, A PACIENCIA E A ALEGRÍA QUE CONTAXIAN.

O bo humor, a paciencia e a alegría abren moitas portas.

VIVI-LA VIDA CON BO HUMOR significa saber sacar o mellor de cada situación; incluso dándolle a volta a moitas vivencias que nos incomodan.
Unha persoa con bo humor ve o lado positivo da vida.

A PACIENCIA É UNHA FERRAMENTA MOI VALIOSA porque sempre nos OFRECE A POSIBILIDADE D INTENTA-LO DE NOVO tantas veces como faga falta ata conseguir os obxectivos desexados.

Xa dixo Santa Tereixa de Xesús: “LA PACIENCIA TODO LO ALCANZA”

MOSTRAR SEMPRE UNHA CARA ALEGRE DEMOSTRA BONDADE DE CORAZÓN.
Esa bondade que irradia ganas de vivir nas persoas que nos rodean.
Seguramente todos teremos presentes o semblante de tantas e tantas persoas cargadas de bo humor, con moita paciencia e ó mesmo tempo co semblante sempre alegre.
Entre elas tamén están persoas de actualidde coñecidas por todos: SantaTereixa de Calcuta, San Xoan Paulo II, o Papa Francisco e outras…

Tamén se nos veñen á mente moitísimas persoas do noso entorno:
Persoas á que lles vai ben a vida, outras con serias dificultades.

De mira-la vida con mala cara nunca se sacou nada bo; por eso a risa é medicina.
Practica-la risoterapia é moi aconsellable.
“A RISA COMO TERAPIA”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa santidade e por terme na súa consideración nesta
ocas
ión.
¡Parabéns!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES