Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De salarios

miércoles, 29 de enero de 2020
Moita xente neste país está no umbral da pobreza, un problema que calquera goberno debería andar na procura de solucionar, sobre todo aqueles que se din humanistas e progresistas o cal quer dicir de esquerdas, aqueles que teñen no seu punto de vista á xente menos favorecida. É un tema que aparece nas campañas electorais pero que logo non se ve reflectido no exercicio practico da política.

As súas señorías unha vez toman posesión do seu escano semella que entran a abordar asuntos que lles interesan máis, algúns que teñen que ver directamente cos seus emolumentos e créanme non quixera que isto soase a demagóxico nen a discurso reiterativo.

Imos aos números dabondo significativos se son certos, se non son fake-news. Vexamos: un deputado/a “raso” percibe máis de3.000€ ao mes que se van incrementando ata máis de 5.000 con complementos, dietas, etc,etc. Entre pitos e frautas o importe anual do salario dun deputado con certas encomendas no Parlamento pode andar polos de 80.000€ senón máis. Ben , son nada máis que números que a maioría da cidadanía non toca nin de lonxe, pero visto así, un pode pensar que é un bo salario incluso para un político, que con iso se pode chegar a fin de mes sen demasiados problemas, ¿non si? Pois semella que non porque á primeira oportunidade que se lles presenta van e propoñen unha suba na súa nómina, agora dun 1,75% ( os deputados do Parlamento catalán) emparellada ao 0,9% que se lle concede aos pensionistas que con iso xa poderán, poderemos, vivir de acordo as nosas posibilidades e non por enriba delas como dicían.

Claro que o das posibilidades, as de chegar a fin de mes, depende cómo se mire: lembren cando a señora Esperanza Aguirre con 5.000€ a probe non chegaba, pois iso.

Imos ver: cando as súas señorías deciden unha suba salarial é porque pódeno facer e xa que logo está dentro da legalidade o que non quer dicir que a cousa teña un certo arrecendo de inmoralidade coa que está a caer. Hai moita xente tratando de sobreviver con salarios míseros e traballos temporais de días.

Asociacións nada sospeitosas de seren consideradas antisistema como por exemplo “Cáritas” alertan sobre o crecemento da pobreza mentres os que deberían atopar solucións a todo isto sitúanse noutra dimensión, na “casta”que dicían aqueles mozos e mozas do 15-M hoxe no goberno. Estupendo, xa están aí nunha coalición progresista e agora teñen que demostrar que se pode predicar e tamén dar trigo. Non o terán doado, abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania