Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A borrasca dos modestos

lunes, 27 de enero de 2020
A borrasca dos modestos O novo formato da Copa do Rei de fútbol está a ser defendible pola maioría dos afeccionados e, por suposto, polos equipos máis modestos. Estes nunca tiveron tantas opcións de facer grandes xestas como este ano. Antes, o modesto, podía dar a gran sorpresa no seu estadio ganándolle quizais a todo un campión, a todo un gran club, pero no partido de volta, a calidade e o poder adquisitivo puña a cada un no seu sitio. Si, é certo, houbo excepcións. Pero as de este ano aumentaron e xa desde a primeira eliminatoria. Ó ser a partido único, pois iso... non había segundas oportunidades.

Eu encantado da vida! Só que sexa por unha vez, os pequenos teñen dereito a soñar. Claro que a algúns, este ano, nin lles deixaron esta opción. E non o digo porque perderan os partidos, senón polo famoso VAR. Aquí é onde o novo formato coxea dunha maneira escandalosa. Non se pode iniciar unha competición na que certos medios non se empreguen durante toda a súa duración. Señor Rubiales, non se pode facer uso do VAR tan só a partir dos oitavos de final! E os que se viron prexudicados antes? Porque os houbo, señor Rubiales. Que llo pregunten ó Elxe por quedar eliminado na quenda, na rolda de penaltis, onde o porteiro do Bilbao, se se descoida, co seu adiantamento en tres deles, aparece á beira, á altura do lanzador..

E xa que estamos, sigo criticando o detalle de que os clubs modestos teñan que buscar outros campos para poder enfrontarse ós todopoderosos. Imaxino que será porque igual as “estrelas” se poden mancar ó chocar cunha valla ou porque poden bolear por unha barronca abaixo ou porque torcen un nocello nun buraco do campo. Que lles pase isto todos os domingos ós “obreiros” da Segunda B é o de menos. Por Deus bendito, como poden arrastrarse por eses campos os Mesis, Benzemás e demais! A este respecto, ata o propio Zinedine Zidane puxo un pouco de cordura (todo un cabaleiro, e son antimadridista) ó confesar que todos os xogadores pasaron por esas, por xogar en campos de bulleiro ou incluso con algúns cañotos de toxos ou con pedras asomando aquí e acolá.

Quería falar da borrasca Gloria, pero a borrasca da Copa, dos modestos aínda arrasa máis. Non obstante, o meu recordo para esas vítimas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES