Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con Fiz en Begonte

martes, 21 de enero de 2020
O Nadal convidoume a facer viaxes afectivas con carga emocional, e na semana que celebramos o XLIV Premio de Poesía do Belén de Begonte, concedido ao amigo Xosé Otero Canto, encamiñámonos a este recanto para min unido ao entusiasmo do seu artista Xosé Rodríguez Varela, mestre de taller e compañeiro noutrora no centro de formación profesional de Guitiriz co que partillei os segredos e os misterios da nosa paisanaxe rural, cantados nas achegas poéticas de Fiz Vergara Vilariño, o creador da Lóuzara Xabreira, ao pé da Serra do Oribio, arestora ameazada.

Así, no Nadal do 1991 cumprimos cun dos soños de Manuel María, nomear a Fiz “Chairego de Honra” e escollemos a paisaxe de Begonte coma esceario onde recibíu premios en poesía ou xornalismo en dez edicións do seu certame, sen esquecer outros recoñecementos en Vilalba, o Premio Xosé Chao Ledo, ou en Caldaloba (1996). Arroupados pola Asociación de Escritores e por ducias de veciñas/os das Terras de Guitiriz mergullámonos nun mar de poesía no Centro Cultural e nun banquete literario no San Martiño de Carral. !Canto me entusiasma ver o diploma daquel acto nun lugar preferente, enriba da máquina de escribir no seu obradoiro tal coma él o colocara!.

No Belén seguen resoando os versos do “poeta muiñeiro” coa música do seu “vello muíño”, “á beira da fonte”, e do Río Lóuzara. A miña primeira visita ao seu fogar foi con Manuel María e alí voltei noutras xeiras, desfrutando da paisaxe máis navideña e doutras. Ata acompañeino cando lle dedicaron unha rúa en Sarria, pero as andaduras máis feiticeiras foron nas actividades de Xermolos. Fiz é moi xeneroso e agradecido e convidoume coma padriño á presentación da Asociación Val de Lóuzara no Colexio de Paredes que leva o seu nome na Festa das Nosas Letras do 1993. Aquela iniciativa veciñal segue a alongar a nosa amizade que inza cada solsticio coa enerxía das súas panxoliñas e de proclamas coma “O Belén electrónico de Begonte, un facho de luz sempre aceso” (El Progreso, 5-I-1988).

Fiz foi o mestre que me contaxiou da tenrura dos cans, os seus compañeiros nas viaxes polas paraxes máis íntimas, con versos ilustrados polo creador begontino Xabier Quijada.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES