Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pote da calda

lunes, 20 de enero de 2020
A política no noso país empezou a andar. Con polémica, pero empezou. A política do noso país é coma aquel pote da calda que se cocía para acomodar ós renchos, ós porcos. Entre uns que lle atizan e outros que o remexen, o pote ferve que ferve, e a calda, os ingredientes, ou sexa, nós, saímos escaldados. Coma sempre. Porque sempre seremos nós, a caldada, os que caiamos na pía ou no barcal dos seus cortellos. Sempre seremos nós os que alimentemos a non sei cantas vicepresidencias e unha morea de ministros.

Sigo collendo ó pote como guía para completar este Recuncho. Segundo no pote se mesturan verzas, patacas, nabos, remolachas e demais, mesturarei aquí algunhas novas que, máis o menos, me chamaron a atención durante a semana que pasou. E sen saír da política direi que o Consello do Poder Xudicial pídelle a Pablo Iglesias “moderación e mesura” nas súas críticas. E prudencia, claro. Está a xustiza no noso país como para pedirlle, principalmente, mesura. Con quen ten mesura ela? Se practicamente non hai un acto seu que non sexa criticable. A xustiza no noso país sempre se puxo do lado de quen se puxo, que non é precisamente do homiño normal e corrente.

Menos mal que aínda nos vai quedando a xustiza da OCU (Organización de Consumidores e Usuarios), que acaba de denunciar a unha tenda de Bilbao porque seica cobra 15 euros por probar un traxe de noivos. Hai algúns que lle botan unha cara... Dentro de nada hai que empezar a vestirse a ollo. Para un servidor, iso entra na ilegalidade máis absoluta.

Tampouco é de xustiza que dean mitins, conferencias, parolas, entrevistas para defender ó rural, cando eses mesmos politiquiños pechan centros de saúde, estacións de ferrocarril ou colexios. Non é de estrañar entón que case unha ducia de concellos non teñan ofertas de aloxamento, de hospedaxe (nin tan sequera para unha noite) para o turismo que queremos que nos visite. Quen se atreve a montar un hotel nunha vila que, ó mellor, nin chega ós cincocentos habitantes; nunha vila que non podes sacar un billete de tren porque non hai despacho dos mesmos; ou nunha vila que, aínda que teña hospital, non podes parir. Dicía Eduardo Galeano que “a xustiza é como as serpes, só morde ós que están descalzos”. Quen están descalzos?...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania