Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aproveitar a enerxía solar

viernes, 29 de febrero de 2008
Teño que confesar que as novas tecnoloxías téñenme conquistado por entender que por ahí ai o futuro. E cando vou de viaxe, apampo diante dos muiños productores de enerxía, esas aspas inmensas que os movementos ecoloxistas critican porque modifican a paisaxe, pero que sempre serán mellores que a queima de carbón para producir enerxía.

Tamén me chaman a atención os paneis solares, e se non teño un para producir enerxía no meu espacio vital de Saavedra é porque teño entendido que por agora son moi caros e terei que agardar que baixen. Pero paréceme moi boa idea que Norvento vaia instalar en Vilalba un centro de investigación solar no Polígono industrial cun investimento de moitos miles de euros.

Imaxino que é algo así como unha instalación que hai no polígono do Ceao, vindo da autovía que é algo rarísimo e levou meses e meses de monaxe, unha planta experimental de producción de enerxía, para aproveitar as novas tecnoloxías.

No noso país non haberá petróleo, pero hai campo e terra, e auga e aire, e algo de sol. Pero estas instalacións seica funcionan aínda que o sol non sexa moito, ou nos pareza que non é moito porque as nubes tápannos os seus raios pero non os seus efectos.

Ou sexa, que Galicia podería ser unha auténtica potencia se aproveitamos a enerxía natural que posúe... O vento, por medio dos aeroxeneradores; a auga en movemento ou estancada, polas presas hidroeléctricas; a forza das olas, noutros lugares ben aproveitadas... E agora que se fala de combustibles non derivados do petroleo, tamén a eso nos apuntamos. O malo é que, en principio, só nos tocou a parte peor porque como aínda a tecnoloxía non está totalmente preparada e as canles de comercialización sen establecer definitivamente, o comezo da utilización de cereais para a produccións de combustibles biolóxicos para o funcionamento dos motores dos vehículos automóbiles encareceu os cereais dun xeito desmesurado, ou polo menos a culpa lévaa esta nova utilización.

Son, agardemos, os primeiros pasos nunha dirección na que necesariamente teremos que camiñar porque os combustibles fósiles son perecedeiros e altamente contaminantes, ademáis de moi caros por estar en mans de determinados paises e multinacionais que fan prohibitivo o seu consumo.

En cambio, eses outros combustibles biolóxicos son todo o contrario: doados de producir por calquera, especialmente nun país agrícola como é Galicia, non contaminan, non hai que pagalos en divisas, non dependemos de ninguén, ninguén polo tanto pode elevar artificialmente os prezos... Esto, polo menos é a teoría, pero falta moito para que se poida convertir en realidade, na práctica.

Volvendo ó centro de investigación de enerxía solar que se vai construir en Vilalba por Norvento, colocará a Vilalba no mapa das novas tecnoloxías e pode e debe ser un magnífico lugar onde os nenos e os non tan nenos aprendan, aprendamos, o que debemos saber de algo tan preciado como a enerxía, que cada vez nos costa máis, e que debemos ir empezando a autoabastecernos na medida do posible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania