Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Nobel da Paz etíope

viernes, 17 de enero de 2020
No listado dos Premios Nobel da Paz tamén hai nomes con ardor guerreiro. A carón dos mellores representantes da familia humana en tan noble causa hai outros que avergoñan. O certo é que as paisaxes de guerra foron reducíndose nun planeta con tantas resonancias bélicas.

Quedou enterrado para sempre o século máis atroz, cainita e sanguinario da historia, o XX. O século das infinitas guerras coloniais e de liberación. Ditaduras e guerras civís. Pandemias de asasinos e asasinados polo nazismo, o estalinismo. Os matadoiros de Corea e Vietnam, e o xenocidio de Cambodia. As dúas guerras mundiais.

Quedan algunhas guerras estancadas que difícil solución en Iemen, Sudán do Sur, Irak. E no burato negro secular, Afganistán.

Por iso chama a atención a figura notable deste home que vén de conseguir o Premio Nobel da Paz 2019, Abiy Ahmed Alí. Un tipo ambicioso e preparado con afanes reformistas. Un dos líderes africanos máis queridos e ilusionantes coa mochila ateigada de retos pendentes. Compartirá cadeira co Nobel de Literatura Peter Handke, xenial e controvertido, negador do xenocidio e defensor dos carniceiros balcánicos e do nacionalismo étnico e asasino de Milosevic.

O nome de Abiy quedará ligado ao final feliz da guerra interminable entre Etiopía e Eritrea, coa súa herdanza de destrucións, custo económico nun país pobre, a dor dun pobo famento e ducias de miles de mortos.

Na súa historia persoal hai un pai musulmán e unha nai cristiá, velaquí a primeira vacina familiar contra unha visión sectaria e dogmática do mundo. Como ademais é enxeñeiro informático, lemos a portentosa noticia de que no país das fames bíblicas, guerras cainitas no fin do mundo e a infinita pobreza do subdesenvolvemento apareza a Etiopía do futuro e do 4G. África éche un continente tan xigantesco como poliédrico.

Velaquí o rostro negro e amable dun home novo, dun mediador alí onde hai máis conflitos que solucións. Graciñas a este Nobel da Paz rematou unha das máis longas e sanguinarias guerras entre veciños: Etiopía e Eritrea. Polo camiño quedaron 70.000 mortos, unha fronteira erizada de minas e un multimillonario cemiterio de elefantes bélicos.

A súa figura mediadora éche activo salientable á hora de sentar na mesa a países enquistados no conflito, como Sudán do Sur. Agora, a asignatura pendente no seu país éche a mesma que noutros xigantes africanos como Sudáfrica e Nixeria onde as infinitas riquezas acaban en poucas mans, case sempre da cor branca das multinacionais que acaparan o pan e deixan a fame. Oxalá que ao noso Abiy lle vaia ben. Que trunfe a súa aposta pola democracia, a economía para o pobo e a igualdade para a xentiña, cousiñas descoñecidas en tantos recunchos de África.

O Nobel da Paz é etíope, africano é chámase Abiy Ahmed Alí.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES