Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Especial lotería

viernes, 17 de enero de 2020
As vacacións que xa estamos esquecendo, co fin e comezo de ano no medio, son sempre tempo tranquilo, especialmente en política, xa que os que poden –e os políticos son exemplo de poder- esquecen traballos e dedícanse ao repouso.

Excepción foi este cambio de ano, xa que a clase política viviu momentos de tensión, con durísimas palabras e actitudes, que culminaron na elección de Pedro Sánchez como Presidente do primeiro goberno de coalición da democracia.

Tiña este goberno tan mala imaxe previa, tal febleza e inseguridade, que máis parecía chalaneo entre tratantes das nosas feiras antigas, que sabían moito de regateo, ca diálogo de xentes cultas e responsables que aspiran a mellorar, gobernando, o país.

Agora con nutrido goberno, o conxunto non é xa un puñado de arribistas que aspiran a colocarse e colocar aos seus, senón que conforman o órgano da gobernabilidade do Estado, asesorados por funcionarios altamente cualificados, apoiados polas forzas da orde, e arroupados por todos nós, aos que aínda que coste traballo asumilo, nos representan nas súas altísimas funcións.

Cuestionado desde os primeiros segundos, agardemos que este goberno consiga, ademais de cumprir os compromisos establecidos, música celestial na que Galicia ten lugar de honra, camiñar con paso firme os seus primeiros cen días, aprobar os orzamentos, subir as pensións (non sei se o 0,9% se pode chamar así)… conquistarnos, en fin, de paso que se afianza.

Se esto funciona, o BNG teranos demostrado que lle tocou o gordo dunha lotería na que todos xogamos aínda que non entendamos as reglas, nin nos guste o xogo. Pero, tamén en política, o que vale son os resultados.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES