Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Gravata do S. Estevo de Vilapedre (II)

viernes, 29 de febrero de 2008
A Gravata do S. Estevo de Vilapedre (II) A GRAVATA DO SAN ESTEVO DE VILAPEDRE, A BALSA (VILALBA)

Artigo publicado na Pena do Encanto (Boletín Informativo de Estudios Chairegos), nº 4, Vilalba (Lugo), 2007, páxs. 38-40.

RITUAIS ROMEIROS
As peticións dos fieis supoñen unha actitude de sumisión ao santo, que é considerado como un importante mediador diante de Deus. Para manifestar este sometemento ao poder sacro, os ofrecidos en xeral cumpren aquí, ao igoal que noutros santuarios, cunha serie de ritos que teñen como función impetrar a axuda do S. Estevo ou agradecerlle o don xa conseguido. Parte deles son os propios da liturxia oficial. E o caso da oir a misa solemne que celebra o párroco da freguesía as trece horas, e participar na procesión que segue a misa solemne. Esta procesión que percorre o perímetro da capela, levaba no ano 2006, os seguintes elementos:
a. A cruz parroquial portada por un fregués da parroquia.
b. A imaxe da Virxe dos Remedios, levada nas andas por catro devotas da freguesía. Esta imaxe foi restaurada no ano 1985.
c. A imaxe do S. Estevo, portada nas andas polos dous ramistas do presente ano -Miguel e Santiago Seixas- e dous devotos da parroquia.
d. Como remate, o crego concelebrante e algúns fieis colocados sen distinción de idade e sexo.
Ademais da participación na liturxia oficial, os devotos realizan diferentes rituais populares. No transcurso da mañán bastantes fieis levan a cabo no interior da capela dous rituais fundamentais: o de poñer o santo e o de contacto coa imaxe por medio da gravata.
O de poñer o santo consiste en que unha freguesa da parroquia, chamada Josefa Orosa Prieto, realiza unha cruz por riba da cabeza dos devotos cunha imaxe pequena do S. Estevo. Ó remate, os devotos bican a imaxe e deixan unha esmola nun peto. Durante a imposición a poñente recita a seguinte xaculatoria:

“En el nombre del Padre,
del Hijo y del E. Santo. Amén.
S. Esteban que che deu a enfermedad,
che dea a sanidad,
polo poder que Dios ten,
e da Virxen María. Amén”.

O ritual de contacto activo coa imaxe estática consiste en que algúns devotos colocan unha gravata na gorxa do Santo. Segundo a tradición hai varias razóns desta imposición:
1ª. Antano, os xoves da parroquia, cando ían a guerra civil, poñíanlle ó santo unha gravata sen nó. Ó volver, facíanlle o nó e deixabanllo posto.
2ª. Cando se perdía un animal, colocábanlle unha gravata cun nó ao santo. Se o animal non aparecía, entón acudíase de novo á capela e anoábase un pouco máis, e así sucesivamente.
3ª. Segundo Josefa Orosa, os homes ofrecían este don -unha gravata- ao santo coa finalidade de casarse no ano que ía a pasar ata a próxima romaría. Pola contra, María Roca, dínos que esta prenda poñíanlla ao santo aquelas xoves que querían casarse denantes da próxima romaría (Diario “O Progreso de Lugo-9-X-05).
Por outra banda, no adro da igrexa, os romeiros efectuan “o ritual de circunvalación”. Consiste en dar unha ou máis voltas ó redor do santuario, de pé e calzados, portando nas súas mans figuras de cera, unha imaxe pequena do santo, ou ámbalas dous cousas á vez. Os exvotos de cera cóllense dun lugar da capela disposto para este fin, e ao remataren a práctica ritual volvense a colocar no seu espazo orixinario.

OFRENDAS PROPICIATORIAS E DE ACCIÓN DE GRACIAS
A relixiosidade popular ten, ademais dunha dimensión práctica, un compoñente de pacto baseado na reciprocidade, que esixe do devoto a entrega dalgún ben para propiciar ao ente sagrado ou para compensalo polo favor recibido.
Por tal motivo, os devotos ofrecen ao santo velóns e figuras de cera. Estas representan tanto ó corpo humano, total e parcialmente, como a diferentes animais: cochos, xatos e vacas.
Tamén achegan esmolas en metálico no intre de “poñer o santo”, cando se recolle a cera ao carón do altar, e no intre da misa solemne.
Ademais, algúns fieis seguen traendo ofrenda en especie, a base de orellas e unllas de cocho, queixos, e algo de touciño. Esta ofrenda póxana, ao remataren os oficios relixiosos, os dous ramistas da festa dende o palco da música. A tal efecto establecen lotes de productos, e escomenzan a poxa.
Algúns dos lotes poxados no ano 2006 foron:
a.- Lote de dúas unllas. Comezou a poxa con cinco euros; logo seis, chegando ata os dez euros.
b.- Lote de cinco unllas. Encetou a subasta en dez euros e chegou ata os quince.
c.- Lote de tres queixos, dúas orellas, algo de panceta e cinco unllas. Comezou con cinco euros, logo dez, doce, quince ata chegaren aos vinte euros.
Como remate da festa, tivo lugar unha comida campestre baixo unha carpa na que interviron veciños, familiares e visitantes doutras parroquias. A romaría, que se prolongou durante toda a xornada, estivo amenizada polo duo musical, Amistad; polo grupo Stilo 5 e o grupo de gaitas Os Valuros.


BIBLIOGRAFÍA
Traballo de campo do autor.
Varios. Tempos de Festa en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia. T.I:
Dende Reis ata o mes de maio, 2006.

Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES