Que nos di a sociedade actual?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de enero de 2020
Cada persoa fai unha lectura distinta, según ás súas circunstancias persoais.
Para os que tivemos a sorte de que a vida nos regalara moitos anos, a veces cóstanos caro asimilar o que vemos e o que oímos porque
TANTO CAMBIO E TAN BRUSCO: SORPRÉNDENOS:
A infancia de moitos dos que peiteamos canas, transcurriu no que hoxe chamaríamos: terceiro mundo
Pero
FOMOS FELICES, SAÍMOS ADIANTE E SEMPRE SOUBEMOS COMPORTARNOS.
Porque:
-NOS FOGARES HABÍA CALOR HUMANO:
-Arredor da lareira nas longas noites de inverno reuníase a familia para conversar e quentar as canelas aínda que saíran murnas.
-Arredor da lareira reuníanse os veciños para compartir amistade e compañía.
-Na parrugueira os nenos, no colo dos avós, recibían atención e moito cariño mentres escoitaban: oracións, cantigas, historias e contos.
-NOS FOGARES HABÍA PRINCIPIOS:
-Cada membro da familia ocupaba o seu lugar: os anciáns tiñan moito peso na familia e respectábanse moito, moito.
-Practicábase a caridade cristiá cos máis desfavorecidos e cando viña un pobre pedir casa cuberta, deixábase dormir na casa.
-Tódolos nenos recibíamos formación relixiosa nos fogares e máis na igrexa.
-Os matrimonios eran todos canónicos: ninguén pensaba en compartir a súa vida en parella sen antes poñer os papeis en regra e pasar pola vicaría.
Aínda así tamén había fillos de pai descoñecido
-Era unha vida moi austera; pero deu lugar a unha sociedade adulta: madura, traballadora e formal.
Hoxe en día:
-OS NOSOS NENOS gozan de tódolos servizos ós que nós non tivemos acceso; pero BOTAN EN FALTA TEMPO DOS SEUS PROXENITORES, PRINCIPOS QUE RIXAN A SÚAS VIDAS, ESTABILIDADE NAS FAMILIAS E OUTROS VALORES
-NAS AULAS hai abundancia de todo pero
algo falla.
Penso que o fallo vén da casa que non educa como é debido.
-TEMOS LIBERDADE DE EXPRESIÓN; pero a veces era mellor que estiveramos caladiños porque a ignorancia é moi atrevida.
-O AMANCEBAMENTO está á orde do día.
A inestabilidade está servida.
O cambio de parella, tamén.
E AS CRIATURIÑAS NACEN, VIVEN E MEDRAN NESTAS CIRCUNSTANCIAS E APRENDEN ESTAS ESCOLAS
¿En que acabará todo esto?
Podémolo intuír; pero quen o sabe non o di.
CERTO QUE AÍNDA CONSERVAMOS A ESPERANZA porque queda un resto de persoas que fan todo canto poden por conservar a vida de familia como Deus manda:
-Estas familias son conscientes de que a situación é complicada.
-Estas familias saben moi ben que son o fermento encargado de renovar a faz da terra.
-Estas familias son as encargadasde dar estabilidade á sociedade.
-Estas familias mantéñense firmes porque saben que son o sal e a luz da terra.
Tamén pasou así co resto de Israel e, a pesar e todo, o Amor foise espallando polo mundo adiante porque: O AMOR NUNCA PASA, O AMOR PERMANECE, O AMOR É ETERNO.
As persoas de boa vontade confiamos nese resto.
Confiamos no futuro porque sabemos que 2020 nos ofrece 366 oportunidades para facelo mellor que o ano anterior.
366 OPORTUNIDADES
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e por ser consciente da situación pola que atravesamos.
Malo será
¡Moito ánimo!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora